Traballos galardoados nos premios ARQUITECTURA do CSCAE

14 Xul 2022

Onte celebrouse a gala de entrega de dos Premios Arquitectura organizados polo CSCAE, na que resultou premiada a colexiada do COAG María Fandiño, polo acondicionamiento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte en O Rosal.

O nome dos 9 gañadores desvelouse nunha gala na que Carme Pinòs e Carlos Puente recolleron a Medalla de Ouro da Arquitectura ex aequo.

A colexiada María Fandiño recollendo o seu premio.

O palmarés completo é o seguinte:

PREMIO SOSTENIBILIDAD Y SALUD: Valores universales
Acondicionamiento de los espacios públicos de la Explanada del Horizonte, Porticelo, Pontevedra
María Fandiño Iglesias

PREMIO NUEVA BAUHAUS: Valores culturales y artísticos
Museo de Arte Contemporáneo Helga de Alvear, Cáceres
Emilio Manuel Tuñón Álvarez

PREMIO COMPROMISO: Valores sociales y éticos
Bloque 6×6, Girona
Ramon Bosch i Pagès, Elisabet Capdeferro i Pla

PREMIO PROFESIÓN: Valores profesionales
Edificio UCI-COVID, en Parc Sanitari Pere Virgili, Barcelona
Patricio Martínez González, Maximià Torruella i Castel, Luis Miguel Gotor Navarra

PREMIO HÁBITAT: Valores básicos de la Arquitectura y el Urbanismo
Residencia geriátrica Son Caulelles, Portol (Mallorca)
Santiago Vives i Sanfeliu, Tomás Montis Sastre, Adrià Clapés Nicolau.

PREMIO RE: Valores asociados a la rehabilitación, renovación y regeneración
Espai Santa Eulàlia, Gironella (Barcelona)
Carles Enrich i Giménez

Tamén se inclúen tres distincións especiais: o Premio de Arquitectura Española 2021 ás Vivendas sociais, en Cornellá, de Peris+Toral Arquitectes; o Premio de Urbanismo Español 2021 ao proxecto Agrociudad Gagarine Truillot, en Ivry-sur-Seine (Francia), de Atelier Archikubik, e o Premio á Permanencia ao Aulario 3 de la Universidad de Alicante, de Javier García-Solera Vera.

Así mesmo, no transcurso da gala, o Complexo Turístico de Albeida, no municipio coruñés da Serra de Outes, de Alfonso Salgado Suárez e Francisco Liñares Túñez, recibiu o Premio de Arquitectura 2020 do CSCAE correspondente ao ano 2020, cuxa entrega se pospuxo debido á situación sanitaria provocada pola pandemia de Covid19. Os arquitectos recibiron a súa distinción da man da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas.

Os colexiados Alfonso Salgado Suárez e Francisco Liñares Túñez recibindo o Premio de Arquitectura 2020 do CSCAE que lles foi entregado por Encarnación Rivas Díaz.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.