Compliance de competencia

Tal e como se indicou no seu momento na web colexial, a Comisión Galega da Competencia, tramitou un expediente sancionador ao COAG por manter a disposición dos colexiados, no apartado web relativo a “visado”, no subapartado “marco regulador”, entre outros contidos, o “Antiguo Baremo Colexial e Histórico de Módulos y Ca”. 

Dito expediente sancionador finalizou de xeito convencional mediante Resolución do Pleno da Comisión Galega da Competencia de data de data 26 de decembro de 2019 ( en adiante, “Resolución”), Resolución da que se infire que está prohibido o acceso ao Antigo Baremo Colexial e Histórico de Módulos e Ca, non vixente, aínda a efectos “históricos” ou de “lexislación no vixente”, por ser contrario ao disposto na vixente normativa reguladora da competencia (Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da Competencia)”.

A resolución establecía entre outras cuestións, o compromiso do COAG a proceder á “elaboración e posta en marcha dun Programa de Cumprimento en materia de Competencia.”

En virtude do compromiso indicado, a Xunta de Goberno na súa sesión 14/2020 de 26 de novembro, ao tratar o punto relativo a “Proposta ACTUALIZADA de programa de cumprimento en materia de competencia elaborado por Megamail consultores en cumprimento da Resolución da Comisión Galega da Competencia aprobando a terminación convencional do expediente Expediente S 5/2016 Arquitectos de Galicia ante a denuncia presentada pola mercantil Construcciones Cesanvi, S.L”, adoptou o seguinte ACORDO:

APROBAR A PROPOSTA ACTUALIZADA DE PROGRAMA DE CUMPRIMENTO EN MATERIA DE COMPETENCIA ELABORADO POR MEGAMAIL CONSULTORES EN CUMPRIMENTO DA RESOLUCIÓN DA COMISIÓN GALEGA DA COMPETENCIA APROBANDO A TERMINACIÓN CONVENCIONAL DO EXPEDIENTE S 5/2016 ARQUITECTOS DE GALICIA ANTE A DENUNCIA PRESENTADA POLA MERCANTIL CONSTRUCCIONES CESANVI, S.L, CONTRA EL COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA POR PRESUNTAS PRÁCTICAS PROHIBIDAS POLA LEI 15/2007, DO 3 DE XULLO, DE DEFENSA DA COMPETENCIA (LDC) CONSISTENTES NA APROBACIÓN E PUBLICACIÓN DUN “BAREMO DE MÍNIMOS DO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE GALICIA”.

Conforme ao devandito acordo, indícase que o documento do Plan de Compliance en competencia aprobado pódese consultar na web colexial no seguinte ENLACE

Tamén se indica que, conforme ao previsto no devandito Plan, establécese un canal de recepción de denuncias de incumprimento do Plan. Neste sentido, as denuncias poderanse facer chegar a través do seguinte correo: comitecompetencia@ coag.es

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.