Deontoloxía

Un dos fins esenciais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é ordenar o exercicio profesional no marco das Leis e velar pola observancia da deontoloxía no exercicio da profesión e o respecto debido aos dereitos dos cidadáns, segundo se recollen no artigo 5, apartados b) e c) dos Estatutos colexiais ( aprobado polo Decreto 105/2016, do 21 de xullo da Xunta de Galicia). Para a consecución destes fins o Colexio exercerá entre outras, funcións de ordenación e que eviten o intrusismo profesional, velando pola ética e a dignidade da profesión, tanto nas relacións recíprocas entre Arquitectos, coma nas destes cos seus clientes, ao tempo que exercerá a potestade disciplinaria sobre os Arquitectos que incumpran os seus deberes colexiais ou profesionais, tanto legais coma deontolóxicos.

Así mesmo e en virtude das últimas modificacións lexislativas que regulan a actividade dos Colexios Profesionais en aplicación da Directiva Comunitaria de liberalización do sector servizos, tamén é obriga dos Colexios Profesionais resolver as queixas e reclamacións referidas á actividade colexial ou profesional dos seus colexiados, tanto se se presentan por calquera consumidor ou usuario que contrate os servizos profesionais dun arquitecto, coma a través de asociacións e organizacións de consumidores e usuarios en representación ou defensa dos intereses destes, instruíndo, cando proceda e por parte dos órganos colexiais competentes, os oportunos expedientes informativos ou disciplinarios.

Para apoiar e asistir o labor do Colexio de Arquitectos nestes fins e funcións, a Xunta de Goberno, na súa Sesión n.º 4/2012 do 26 de marzo de 2012, considerou oportuno o establecemento e posta en marcha do SERVIZO DE DEONTOLOXÍA COLEXIAL*, sendo a marco aplicable o CÓDIGO DEONTOLÓXICO DOS ARQUITECTOS, aprobado polo CSCAE do 20 de novembro de 2015, que entrou en vigor o pasado 21 de novembro de 2016. 

*Para su aplicación o COAG aprobou un Regulamento propio do Servizo

Impreso de reclamacións

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.