Convocatoria pública de contratación dunha praza de administrativo/a

21 Out 2022

Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 3/2022 de 10 de marzo, comunicado na circular 4/2022, creouse 1 praza de administrativo/a para que preste as funcións da categoría de “Administrativo” do grupo profesional III do Convenio Colectivo na delegación de A Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na delegación de Ferrol indistintamente.

Neste sentido, en virtude do previsto no art. 9 do Convenio Colectivo do COAG e na circular referida, tras quedar deserto o concurso interno para cubrir a devandita praza, a Xunta de Goberno na súa sesión 7/2022 de 22 de xuño acordou realizar unha convocatoria pública para convocatoria pública para cubrir unha praza de administrativo creada conforme ao previsto na circular 4/2022, para que preste as funcións da categoría de “administrativo” do grupo profesional III do convenio colectivo na delegación de A Coruña, con dispoñibilidade de prestar ademais ditas funcións na delegación de Ferrol indistintamente, así como contratar á empresa de selección “NORTEMPO (NT FOR LEARNING, S.L.)” para que organice e realice o proceso de selección conforme ás indicacións e ao criterio do tribunal (Circular 16/2022 de 7 de xullo).

Lémbrase que, tal como se indicou nas circulares 4/2022 e 16/2022, a praza a cubrir ten as seguintes características:

  • Posto a ocupar: administrativo/a para que preste as funcións do grupo profesional III do convenio colectivo do COAG.
  • Lugar desempeño das funcións: na delegación de A Coruña, pero a persoa seleccionada deberá desprazarse coa periodicidade que sexa oportuna a delegación de Ferrol.
  • Categoría: administrativo dentro do grupo III previsto no Convenio Colectivo do COAG.
  • Tipo de contrato: laboral indefinido.
  • Titulación académica esixida: FP grado superior (Técnico superior en administración e finanzas) ou titulación superior.
  • Período de proba: 2 meses.
  • Retribución anual: administrativo: 21.425.79 euros
  • Funcións a desempeñar: tarefas de tramitación, secretaría ou de xestión económica. conforme ao previsto no convenio colectivo do COAG, os/as empregados/as pertencentes á clasificación profesional de Administrativos/as (grupo III) son traballadores cuxas tarefas se executan baixo a dependencia de mandos ou de profesionais de máis alta cualificación dentro do COAG.

En virtude da delegación da Xunta de Goberno, o tribunal responsable do proceso de selección acordou realizar o proceso de selección nas condicións que se indican nas seguintes bases:

BASES.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.