Criterios da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a posibilidade de outorgar licencias de primeira ocupación parcial ao abeiro da normativa vixente no suposto de vivendas unifamiliares ou locais situados nestes edificios.

12 Nov 2021

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación a cuestión da referencia nas que se ven detectando a existencia de criterios interpretativos distintos en diferentes concellos e que, por tal motivo, están a dificultar o traballo dos profesionais.

A consulta e a resposta contempla dous supostos:

  • Caso de vivendas unifamiliares con volumes, en continuidade ou non, do proxecto licenciado adicados a usos auxiliares non esixibles nos requisitos mínimos programáticos na normativa en materia de habitabilidade.
  • Casos de vivendas unifamiliares que contan con “locais” para usos e actividades non dependentes da vivenda.

Pódese consultar o informe coa resposta da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo no seguinte ENLACE

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.