Entrega do Recoñecemento “Arquitectura para un Mundo Mellor” da Delegación de Santiago

28 Set 2022

O xoves 15 de setembro de 2022 remataba o prazo para a presentación de candidaturas ao recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2022” convocado dende a Delegación de Santiago co obxectivo de por en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo.

O venres 16 de setembro reuniuse o xurado designado a tal efecto e integrado polos seguintes membros da nosa demarcación:
– Dna. Elizabeth Abalo. Arquitecta da delegación.
– Dna. Cruz Louzao. Arquitecta da delegación.
– D. Fernando Tabernero. Arquitecto da delegación.
– D. Ángel Cid. Presidente da delegación
– Dna. Carmen Rey. Tesoreira da delegación.
– Dna. Susana Rodríguez. Secretaria da delegación.
(actuando como secretaria do xurado, sen voto)

Tras analizar as candidaturas presentadas decidiuse, por unanimidade, conceder o recoñecemento pola súa achega á arquitectura nesta primeira edición, a D. Xosé Otero Pombo.

Este recoñecemento farase efectivo na cea de confraternización dos colexiados da delegación de Santiago que terá lugar no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 8 de outubro de 2022, con motivo do Día Mundial da Arquitectura. No acto participará o recoñecido arquitecto Víctor López Cotelo, autor de varias das obras de arquitectura residencial que o homenaxeado promoveu na cidade de Santiago de Compostela e que foron obxecto de recoñecemento e premios a nivel internacional.

Animando a todos a participar neste acto, lembramos a ligazón na que podedes inscribirvos:

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.