O pasado 29 de xullo publicáronse no Diario Oficial de Galicia varias convocatorias de axudas destiñadas a paliar os danos provocados polos incendios en Galicia, entre outras, nas vivendas e no seu enxoval doméstico e en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís.
- AXUDAS DESTINADAS Á REPARACIÓN DOS DANOS CAUSADOS NAS VIVENDAS E NO SEU ENXOVAL DOMÉSTICO POLOS INCENDIOS. RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B). DOG 29/07/2022
- AXUDAS DESTINADAS A SUFRAGAR OS DANOS SUFRIDOS EN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, TURÍSTICOS E MERCANTÍS, DERIVADOS DOS INCENDIOS. RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, segundo o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IG100A). DOG 29/07/2022
- AXUDAS NAS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS, AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS PARA A REPARACIÓN DE DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS. ORDE do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR616A e MR616C). DOG 29/07/2022
- AXUDAS DESTINADAS A TITULARES DE TERREOS CINEXÉTICOS ORDENADOS (TECOR) DE GALICIA AFECTADOS POLOS INCENDIOS. ORDE do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor) de Galicia afectados polos incendios, no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A). DOG 29/07/2022
- AXUDAS DESTINADAS A TITULARES DE INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO DO MEDIO NATURAL DENTRO DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS E RESERVAS DA BIOSFERA AFECTADOS POLOS INCENDIOS. ORDE do 28 de xullo de 2022 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios forestais no ámbito da competencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (código de procedemento MT100B). DOG 29/07/2022