Concello de Monfero. Convocatoria praza de arquitecto funcionario [OFERTA PECHADA]

2 Feb 2018

No DOG de 1 de febreiro aparece o anuncio de publicación da convocatoria e das bases para a provisión dunha praza de arquitecto/a, persoal funcionario/a.

No BOP-A Coruña de 12 de decembro de 2017 publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases.

Acceso ao BOP.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na convocatoria será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Acceso ao DOG.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 do 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar considérense de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.