Recordatorio das novidades no directorio de colexiados/as na web colexial

10 Feb 2022

Recordamos que desde o 7 de febreiro está modificada a páxina do directorio público de arquitectos/sociedades na web do COAG, incorporando a opción de marcar e seleccionar ámbitos profesionais.

As novidades no directorio público son as seguintes:

  • Na busca os cidadáns poderán especificar ámbitos profesionais como criterio de busca. A busca por ámbitos profesionais utilizará os datos proporcionados en cada momento polos colexiados/sociedades.
  • Os colexiados/sociedades poderán facer pública no directorio a súa páxina web.

Máis información na Circular 1 2022

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.