VII Xornadas de Bioconstrución. Bioconstrución no medio urbano

12 Set 2022

Tras o parón da pandemia, voltamos coas xornadas anuais organizadas por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución. Nestas xornadas tratarase como tema a Bioconstrución no Medio urbano, como ven sendo habitual mantemos a data do segundo fin de semana de setembro, inda que mudamos a localización. Este ano trasladámonos ó concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal, provincia de A Coruña.

Data: 16 – 18 de setembro de 2022

Lugar:  Teatro da Beneficencia. Ortigueira. A Coruña.

As xornadas son de balde pero é preciso a inscripción previa.

¡¡ Atención que o aforo é limitado!! Non quedes sen a túa praza, é necesario inscribirse no enlace que se indica.

Tamén se precisa reserva para as comidas conxuntas, no mesmo enlace das inscripción podedes reservar.

Hai zona de acampada con baños e duchas con auga quente.

Páxina web

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.