Axenda
Boletín de Información 32 - 2022

Colexio| Concursos | Emprego | Eventos | Normativa


Colexio

Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2022

Publicación: 23 de agosto  
Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2022», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 22 de setembro.
Enlace á noticia

Resultado do proceso de selección para a contratación de tres prazas de arquitecto/a da Área Técnica colexial

Publicación: 22 de agosto  
Conforme aos acordos adoptados pola Xunta de Goberno, comunicados na circular 4/2022 de 24 de marzo e circular 8/2022 de 9 de maio , creáronse 3 prazas de arquitectos/as (titulado/a superior) para que preste as funcións de arquitecto/a de visado nas delegacións de Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, para o cal se determinou a realización dunha convocatoria pública para cubrir as prazas indicadas. O tribunal constituído para realizar o proceso de selección, conforme ao previsto nas bases do mesmo, comunicadas mediante a circular 12/2022 de 3 de xuño, xa rematou o proceso de selección.
Enlace á noticia
 

ProxectoTERRA – Aberta a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros Transdisciplinares 2022 para Educación Infantil, Primaria e Secundaria – Chamada a axentes

Publicación: 22 de agosto  
Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2022, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.
Enlace á noticia
 

Peche da Delegación de Lugo o venres 26 de agosto

Publicación: 24 de agosto  
Infórmase que, debido a motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada o venres 26 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Enlace á noticia
 

Aviso de peche da delegación de Ferrol

Publicación: 22 de agosto  
Infórmase que, por motivos de funcionamento interno, as oficinas da Delegación de Ferrol permanecerán pechadas ate novo aviso.  Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Enlace á noticia
 

Convocatoria para a configuración dun listado de colexiados interesados en recibir encargos de afectados polo incendio ocorrido no mes de xullo no concello de O Barco de Valdeorras

Publicación: 3 de agosto  
Tal e como se anuncia na Circular 17 2022, anúnciase a convocatoria para a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos dos veciños afectados polos incendios no concello de O Barco de Valdeorras, con dispoñibilidade inmediata, para realizar os trámites de solicitudes de axuda, memorias, proxectos de reconstrucción, xustificación de subvencións…
Enlace á noticia

Concursos

Concurso comisariado del Pabellón de España en la 18ª Exposición Internacional de Arquitectura, La Bienal de Venecia 2023

Publicación: 24 de agosto  
La Dirección General de Agenda Urbana y Arquitectura, ha licitado el Concurso de proyectos con intervención de jurado para la adjudicación del contrato de servicios de comisariado, diseño expositivo y comisariado de itinerancias del Pabellón de España en la 18ª Exposición Internacional de Arquitectura, La Bienal de Venecia 2023; tal y como recoge ya la Plataforma de Contratación del Estado, cuyo plazo de presentación de propuestas es hasta el 26 de septiembre.
Enlace a la noticia

Emprego

Concello de Vilaboa: convocatoria e bases para a provisión dunha praza de arquitecto/a, mediante sistema de concurso-oposición

Publicación: 16 de agosto  
No BOP de Pontevedra do 16/08/2022  pubícase a Convocatoria e as Bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira, coa denominación de arquitecto/a, grupo A1, escala administración especial, subescala técnica, sistema de acceso libre, procedemento de selección concurso-oposición; mediante a publicación deste anuncio procédese a súa convocatoria, outorgando un prazo de presentación de solicitudes de vinte días naturais a partir do seguinte ao do seu anuncio no Boletín Oficial do Estado.
Enlace a la noticia

Eventos

Cluster de Energías Renovables de Galicia. Eventos y formaciones

Publicación: 16 de agosto  
Cluergal anuncia la celebración de la “Jornada Comunidades Energéticas y Autoconsumo2, así como el “Simposium Urban Solutions”, a celebrar el mes de septiembre.
Enlace a la noticia

Normativa

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de agosto de 2022

Publicación: 17 de agosto  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese na primeira quincena do mes de agosto de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400