Axenda
Boletín de Información 30 - 2022

Colexio| Concursos | Normativa


Colexio

Convocatoria para a configuración dun listado de colexiados interesados en recibir encargos de afectados polo incendio ocorrido no mes de xullo no concello de O Barco de Valdeorras

Publicación: 3 de agosto  
Tal e como se anuncia na Circular 17 2022, anúnciase a convocatoria para a elaboración dun listado no que figuren os colexiados interesados en recibir encargos dos veciños afectados polos incendios no concello de O Barco de Valdeorras, con dispoñibilidade inmediata, para realizar os trámites de solicitudes de axuda, memorias, proxectos de reconstrucción, xustificación de subvencións…
Enlace á noticia

Atención presencial na Delegación de Lugo do 1 ao 19 de agosto (ambos inclusive)

Publicación: 29 de xullo  
Infórmase que, conforme á reorganización de servizos colexiais durante o verán 2022, as oficinas da Delegación de Lugo entre o 1 e o 19 de agosto, ambos días inclusive, permanecerá pechada os mércores 3, 10 e 17 de agosto. Lamentamos as molestias que estas circunstancia poidan causar.
Enlace á noticia
 

Atención presencial na delegación de Ferrol do 1 ao 19 de agosto (ambos inclusive)

Publicación: 28 de xullo  
Infórmase que, conforme á reorganización de servizos colexiais durante o verán 2022, as oficinas da Delegación de Ferrol entre o 1 e o 19 de agosto, ambos días inclusive, só terán atención presencial os mércores 3, 10 e 17 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.
Enlace á noticia
 

Concursos

Concurso de proyectos arquitectónicos para construir el Centro Nacional de Tecnologías del Envase (CNTE) en el polígono de El Recuenco (Calahorra)

Publicación: 3 de agosto  
Publicado y abierto el plazo del concurso de proyectos arquitectónicos para construir el Centro Nacional de Tecnologías del Envase (CNTE) en el polígono de El Recuenco (Calahorra) y en el marco del proyecto Ciudad del Envase y el Embalaje.
Enlace a la noticia
 

Normativa

Publicación no DOG de convocatorias de axudas para a reparación de danos provocados polos incendios

Publicación: 1 de agosto  
O pasado 29 de xullo publicáronse no Diario Oficial de Galicia varias convocatorias de axudas destiñadas a paliar os danos provocados polos incendios en Galicia, entre outras, nas vivendas e no seu enxoval doméstico e en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís.
Enlace á noticia

Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2022

Publicación: 3 de agosto  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese do mes de xullo de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia
 

 
Boletíns anteriores na web
Facebook
Twitter
Instagram
Youtube

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
Correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400