Axenda
Boletín de Información 19 - 2022

Colexio|Eventos|Normativa|Premios


Colexio

Aprobación de documentación de asuntos a tratar na Xunta Xeral ordinaria a celebrar o 31 de maio de 2022: Memoria de xestión colexial 2021

Publicación: 16 de maio  
Tal e como se indica na Circular 9 2022, está dispoñible no apartado de Xunta Xeral do Panel de Servizos, a Memoria de xestion colexial de 2021, que se someterá á súa aprobación pola Xunta Xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro 31 de maio de 2022.
Enlace á noticia

Xornada de asesoramento on line sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio

Publicación: 18 de maio  
O vindeiro luns día 23 de maio, de 12:00 a 14:00 horas, o COAG celebrará, unha nova xornada de asesoramento, en formato en liña, sobre o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, cuxa convocatoria se publicou no DOG do pasado luns día 16 de maio.
Enlace á noticia

Xornada de asesoramento on line: A responsabilidade do arquitecto nas actuacións profesionais relacionadas coas axudas á rehabilitación

Publicación: 18 de maio  
O vindeiro martes 24 de maio, ás 17:30 h, terá lugar unha xornada de asesoramiento on line na que falaremos das responsabilidades do arquitecto e, de maneira particularizada, das responsabilidades nas  actuacións subvencionadas.

O obxectivo desta xornada é expoñer, a través do estudo de casos reais, regulación específica e xurisprudencia existente, cales son as principais responsabilidades que se poden derivar das nosas actuacións profesionais neste tipo de intervencións, identificar os puntos problemáticos do proceso e propoñer as mellores prácticas orientadas a minimizar ou paliar, na medida do posible, os riscos.
Enlace á noticia

Club de Lectura Hai Mulleres – Nuria Prieto «Prada Poole. Estructuras de aire, utopías construibles»

Publicación: 11 de maio  
Hoxe mércores 18 de maio, ás 20,20 horas, terá lugar a segunda sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que que falaremos coa arquitecta Nuria Prieto sobre a súa obra “Prada Poole. Estructuras de aire, utopías construibles”. Está sesión será emitida por streaming dende a páxina de Instagram de @haimulleres.
Enlace á noticia

Convocatoria do Programa de axuda á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Publicación: 18 de maio  
No DOG do 16 de maio, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea Next Generation, para o ano 2022, con carácter plurianual.
Enlace á noticia

Convocatoria do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio

Publicación: 16 de maio  
No DOG do 16 de maio, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea Next Generation, para o ano 2022, con carácter plurianual.
Enlace á noticia

Gravación da xornada O Arquitecto, xestor integral da rehabilitación

Publicación: 12 de maio  
Está dispoñible a gravación desta xornada celebrada o pasado día 10 de maio, organizada polo Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España en colaboración coa mutua de seguros, Asemas. Nela, informouse sobre a figura do arquitecto como xestor integral da rehabilitación, atendendo a aspectos como o aseguramento das responsabilidades, o Certificado de Eficiencia Enerxética ou as ferramentas dispoñibles para realizar o traballo con solvencia.
Enlace a la noticia

Eventos

Actividade Ribadeo guiado “do Medievo aos Indianos pasando pola Ilustración. Unha viaxe pola Historia da Arquitectura”

Publicación: 4 de maio  
O vindeiro sábado 21 de maio, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organiza, en colaboración coa Delegación do COAG en Lugo e co Concello de Ribadeo, esta visita guiada.
Enlace á noticia

Jornadas técnicas de Onduline y tejas Verea

Publicación: 29 de abril  
Salón de actos del COAG _ PONTEVEDRA – Martes 24 de Mayo

Salón de actos del COAG _ VIGO – Miercoles 25 de Mayo

Onduline y tejas Verea, impartirá varias jornadas técnicas, de una hora de duración, en las cuales realizará una primera revisión a la normativa y a las patologías habituales de cubierta, que derivará en la posterior explicación técnica de los dos principales sistemas que en Onduline le ofrecemos para facilitar el cumplimiento del CTE. Además, se realizará una presentación de los nuevo sistemas integrales para la impermeabilización de cubiertas planas alwitra®.
Enlace a la noticia

Jornada técnica SIBER: Herramientas digitales para la prescripción de sistemas de ventilación

Publicación: 9 de maio  
DELEGACIÓN COAG – A CORUÑA

Miercoles 15 de junio de 19h a 20h30.

Enlace a la noticia

Próxima celebración na ETSAC do 6th Simposio Formal Methods in Architecture

Publicación: 18 de maio  
Os vindeiros 25, 26 e 27 de maio próximos celebrarase na ETSAC o 6th International Simposium Formal Methods in Architecture. Esta é unha reunión científica na que se aborda a utilización de procesos formais cuestionándose os límites das ferramentas dixitais existentes.
Enlace á noticia

VII Congreso Internacional Pioneros de la Arquitectura Moderna Española. El espacio entre interior y exterior

Publicación: 18 de maio  
El viernes 27 de mayo a las 10:00 h se inaugurará en el Círculo de Bellas Artes de Madrid el VII Congreso Internacional Pioneros de la Arquitectura Moderna Española: El espacio entre interior y exterior, organizado por la Fundación Alejandro de la Sota, con la colaboración del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana y el Círculo de Bellas Artes.
Enlace a la noticia

Normativa

Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de maio de 2022

Publicación: 18 de maio  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa de interese da primeira quincena do mes de maio de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

Premios

Convocatoria Premios Juana de Vega de intervencións na paisaxe 2022

Publicación: 18 de maio  
No ano 2022 convócase o Premio na categoría de Intervencións en Espazos Exteriores, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720