Axenda
Boletín de Información 18 - 2022

Colexio|Emprego |Eventos|Normativa


Colexio

Finalización da aplicación do procedemento extraordinario para as tramitacións dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias en papel

Publicación: 6 de maio  
A Xunta de Goberno, na súa sesión 5/2022 de 5 de maio, acordou ratificar a proposta da Comisión de Visado de queque, dado o réxime estabilizado de restricións fronte a COVID-49, non se aprecia motivo para manter o procedemento extraordinario establecido por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión de 4/2020 de 2 de abril para a tramitación dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias de orixinais emitidos en papel ou orixinais dixitais levados en papel.
Enlace á noticia

Provisión da vacante dunha praza de arquitecto/a (titulado/a superior) na Delegación de Lugo

Publicación: 9 de mayo  
Infórmase que a actual arquitecta de visado da delegación de Lugo, causará baixa como empregada o vindeiro 30 de maio, con motivo da súa xubilación. En relación con este asunto, a Xunta de Goberno, na súa sesión 5/2022 de 5 de maio, adoptou o acordo de abrir o proceso para cubrir a vacante na Delegación de Lugo da praza de arquitecto/a (titulado/a superior) que presta as funcións de arquitecto/a da área técnica colexial (Arquitecto/a de Visado, Asesoramento, formación…) con desprazamentos periódicos necesarios ás delegacións colexiais.
Enlace á noticia

Entradas gratuitas para asistir telematicamente ao Foro Internacional UIA 2022

Publicación: 10 de maio  
Tal e como se indicou na web colexial, entre o vindeiro 18 e 20 de maio, terá lugar en Madrid o Foro Internacional UIA 2022 ‘Affordable Housing Activation: Removing Barriers’ (Foro AHA 2022). A Xunta de Goberno acordou adquirir 100 entradas para asistir en liña ao evento, con acceso ao evento de Madrid en streaming e aos contidos dixitais do Foro AHA 2022 para repartir entre os colexiados que o soliciten seguindo o procedemento que se indica.
Enlace á noticia

Atención colexial o 16 de maio, con motivo da ponte polo Día das Letras Galegas

Publicación: 11 de maio  
Infórmase que o vindeiro luns 16 de maio, con motivo da celebración o martes 17 de maio do Día das Letras Galegas, deberanse ter en conta as seguintes indicacións con respecto á atención colexial en formato presencial, telefónico e telemático. Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.
Enlace á noticia.

Club de Lectura Hai Mulleres – Nuria Prieto «Prada Poole. Estructuras de aire, utopías construibles»

Publicación: 11 de maio  
O vindeiro mércores 18 de maio, ás 20,20 horas, terá lugar a segunda sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que que falaremos coa arquitecta Nuria Prieto sobre a súa obra “Prada Poole. Estructuras de aire, utopías construibles”. Está sesión será emitida por streaming dende a páxina de Instagram de @haimulleres.
Enlace á noticia

Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente. MITMA

Publicación: 9 de maio  
Todas as actuacións que se executen dentro do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) deben cumprir o principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente. De aí a importancia desta guía que edita o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Enlace á noticia

Dispoñible a gravación do Club de Lectura Hai Mulleres – María Novas Ferradas “Arquitectura y género. Una introducción posible”

Publicación: 11 de maio  
Está dispoñible no CanalCOAG a gravación da primeira sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, celebrado o mércores 20 de abril e emitido por streaming desde a páxina de Instagram de  @haimulleres, e na que a arquitecta María Novas Ferradas fala sobre a súa obra “Arquitectura y género. Una introducción posible”.
Enlace a la noticia

Emprego

Oferta de emprego

Publicación: 6 de maio  
Estudo de arquitectura con sede en VIGO selecciona arquitecto/a colaborador externo para traballo por 3 meses.
Enlace á noticia

Concello de Culleredo – Lista de substitución de arquitecto/a

Publicación: 6 de maio  
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 6 de maio, aparece a publición do Concello de Culleredo anunciando a Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de arquitecto/a (persoal funcionario interino).
Enlace á noticia

Oferta de formación por beca FUAC/FEUGA

Publicación: 3 de maio  
Estudo de arquitectura en VIGO selecciona arquitecto/a para colaborar nos traballos do estudo con beca FUAC/FEUGA.
Enlace á noticia

Eventos

Actividade Ribadeo guiado “do Medievo aos Indianos pasando pola Ilustración. Unha viaxe pola Historia da Arquitectura”

Publicación: 4 de maio  
O vindeiro sábado 21 de maio, a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organiza, en colaboración coa Delegación do COAG en Lugo e co Concello de Ribadeo, esta visita guiada.
Enlace á noticia

Jornadas técnicas de Onduline y tejas Verea

Publicación: 29 de abril  
Salón de actos del COAG _ PONTEVEDRA – Martes 24 de Mayo

Salón de actos del COAG _ VIGO – Miercoles 25 de Mayo

Onduline y tejas Verea, impartirá varias jornadas técnicas, de una hora de duración, en las cuales realizará una primera revisión a la normativa y a las patologías habituales de cubierta, que derivará en la posterior explicación técnica de los dos principales sistemas que en Onduline le ofrecemos para facilitar el cumplimiento del CTE. Además, se realizará una presentación de los nuevo sistemas integrales para la impermeabilización de cubiertas planas alwitra®.
Enlace a la noticia

Convocada 25ª reunión del GuBIM Galicia, sábado 14 de mayo de 2022

Publicación: 9 de maio  
El próximo sábado 14 de mayo, tedrá lugar la 25ª Reunión GuBIM Galicia: Implantación BIM en empresa constructora. El caso COPASA. Antonio Baamonde y Pablo Talavera.
Enlace a la noticia

Axenda eventos ETSAC

ETSAC  
Xoves 12 de maio.
12:00h. Planta cero e salón de actos. Evento de REMATE DE CURSO. Conferencia do profesor Carlos Pita e inauguración da exposición dos proxectos gañadores do Premio ENOR. Serviranse café e libros por xentileza de ENOR.
 

Normativa

Participación na normativa en proceso de tramitación

Publicación: 11 de maio  
Atópanse en proceso de tramitación o Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia, así como o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720