Axenda
Boletín de Información 9 - 2022

Colexio|Concursos |Emprego |Eventos |Normativa


Colexio

Club de Lectura Hai Mulleres

Publicación: 7 de marzo  
Presentámosche o CLUB DE LECTURA HAIMULLERES, dende o vindeiro abril cada terceiro mércores de cada mes a través dun directo de instagram/facebook falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa  obra e promoverase a participación das espectadoras  para facer preguntas ou comentar con nós o libro.
Enlace á noticia

Tarifas de publicidade na web colexial

Publicación: 9 de marzo  
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 2/2022 de 17 de febreiro, adoptou o seguinte acordo en relación coa publicidade na web colexial:

APROBAR A ACTUALIZACIÓN DE TARIFAS PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS PUBLICITARIOS NA WEB E ESTABLECER A SÚA APLICACIÓN PARA A DIFUSIÓN DE CALQUERA TIPO DE MENSAXE PUBLICITARIO NA WEB.
Enlace á web

Nuevo portal de Arquitectura Moderna Española

Publicación: 9 de marzo  
La Fundación Alejandro de la Sota anuncia la creación desde cero un portal con la intención de hacer llegar al gran público las principales figuras y obras de los pioneros de la arquitectura moderna española, tanto en castellano como en inglés.
Enlace a la noticia

Concursos

Fallo do Concurso de ideas para a construcción da nova sede do IMELGA en Santiago de Compostela

Publicación: 9 de marzo  
O Xurado declarou como gañadora do Concurso de ideas para a construcción da nova sede do IMEGA en Santiago de Compostela, a proposta presentada baixo o lema “TREES333”, sendo o seu autor o arquitecto Alfonso Carlos Penela Fernández.
Enlace á noticia

Acta da Comisión Administrativa do Concurso aberto de proxectos con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para o Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Publicación: 3 de marzo  
Con data de 28 de febreiro, tivo lugar a reunión da Comisión Administrativa deste concurso, estando a acta desta reunión incorporada á documentación no perfil do contratante, dispoñible na sección “Outros arquivos asociados ao procedemento”.
Enlace a la noticia

Emprego

Concello de Rábade – Contrato de Asistencia técnica

Publicación: 9 de marzo  
Publicado no Perfil do contratante o “Servizo de asistencia técnico urbanística ao Concello de Rábade”, procedemento aberto, así como os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas, que rexen a licitación.
Enlace á noticia

Concello de Moaña – Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 4 de marzo  
No DOG de 3 de marzo aparece o ANUNCIO das bases específicas da convocatoria de prazas vacantes na oferta pública de emprego 2018 do Concello de Moaña, nas que figura unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia

Eventos

XORNADA ONLINE DE AVANZA CREDIT DEUTSCHE BANK. Solucións ás necesidades e problemática da rehabilitación e eficiencia enerxética en edificios residenciais

Publicación: 7 de marzo  
Xoves, 10 de marzo de 2022. De 12:30 a 13:30 horas

Evento Deutsche Bank sobre financiamento para comunidades de veciños.
Enlace á noticia

Convocada a 23ª reunión de GuBIM Galicia

Publicación: 4 de marzo  
Foi convocada a 23ª reunión do GuBIM Galicia o sábado 12 de marzo de 2022, ás 12:00 h, a través de videoconferencia. O tema a tratar será Ecosistemas de xemelgos dixitais para facility management, polo arquitecto Fernando Morales Tosar, CEO de BIM6D.
Enlace á noticia

O “6TH international symposium formal architectural methods” a celebrar na Coruña abre a inscrición para asistentes

Publicación: 25 de febreiro  
O simposio céntrase no estudo dos novos desenvolvementos do traballo colaborativo desde a arquitectura e o urbanismo coas Matemáticas e as Ciencias da Computación na definición de procesos de análise, ideación e comunicación alen dos paradigmas coñecidos.
Enlace á noticia

Encuentros B2B entre prescriptores y empresas de la madera

Publicación: 2 de marzo  
El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración con el Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, organiza el miércoles, 16 de marzo, a partir de las 16:00 horas, una serie de encuentros B2B online entre prescriptores y empresas de la madera, con el objetivo de encontrar nuevas oportunidades comerciales y conocer, de primera mano, el trabajo que desarrolla cada uno de los profesionales y, así, compartir sinergias y crear redes de colaboración.
Enlace a la noticia

Axenda eventos ETSAC

ETSAC  

Venres 11. 12,00 h. Salón de actos. Lección: SISTEMAS CONSTRUCTIVOS EN MADERA por Manuel Lobo Parra, arq. tecn. Especialista en sistemas construtivos en madeira e Marta García Salas, consultoría técnica FINSA. Organizada pola materia Estruturas V Taller 8 e aberta a calquera persoa interesada.

Venres 11. 12,00 h. Reunión co Concello de Pontevedra para precisar a participación da ETSAC na vindeira edición do Proxecto PLACEMAKING WEEK EUROPE que terá como sede esa cidade.

Normativa

Convocatoria do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Publicación: 4 de marzo  
No DOG de 3 de marzo, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo de 18 de febreiro de 2022, pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual.
Enlace á noticia

Normativa e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2022

Publicación: 3 de marzo  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa de interese do mes de febeiro de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace a la noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720