Axenda
Boletín de Información 6 - 2022

Colexio|Concursos |Emprego |Eventos|Normativa


Colexio

Últimos días para a presentación de candidaturas aos PremiosArquitectura

Publicación: 16 de febreiro  
As inscricións permanecerán abertas ate o vindeiro 22 de febreiro. Poden presentarse obras ou traballos de Arquitectura, Urbanismo, Interiorismo, Espazo Urbán, Paisaxismo, Efemeras, Deseño de Produto, Deseño Gráfico, Publicacións, Divulgación e Investigación, entre outros.Os Premios ARQUITECTURA, organizados polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) e co patrocinio oficial de COMPAC, reformulan as distincións que históricamente outorgou o CSCAE, acercando todo tipo de arquitecturas á sociedade, a través do recoñecemento de novos valores sociais e culturais.
Enlace á noticia

Convocatoria extraordinaria de elecciones CSCAE | Mandato 2022-2025

Publicación: 3 de febrero  
El pleno de consejero/as celebrado el 3 de febrero de 2022 adoptó el acuerdo de convocatoria extraodrinaria de Elecciones CSCAE para el mandato 2022-2025 para los cargos de presidencia, secretaría general, tesorería y vicepresidencia. El plazo de presentación de candidaturas comienza desde el 4 de febrero de 2022 hasta el 18 de febrero de 2022, a las 15:00 horas.
Enlace a la noticia

Recordatorio das novidades no directorio de colexiados/as na web colexial

Publicación: 10 de febrero  
Recordamos que desde o 7 de febreiro está modificada a páxina do directorio público de arquitectos/sociedades na web do COAG, incorporando a opción de marcar e seleccionar ámbitos profesionais.
Enlace á noticia

Conferencia-coloquio “Obras galegas premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo”

Publicación: 9 de febreiro  
Con motivo da exposición “Obras Galegas Premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo” que se pode visitar na sala de exposicións da Delegación de Ferrol do COAG desde o día 3 ata o día 24 de febreiro, o vindeiro xoves día 17, ás 19,00 horas, celebrarase unha conferencia-coloquio na que participarán os nosos compañeiros Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes (Fuertespenedo Arquitectos), que nos falarán da súa obra de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), e Abraham Castro, que nos explicará a súa intervención levada a cabo no campo de fútbol da Gandareira (Silleda), realizada conxuntamente co arquitecto Carlos Pita.
Enlace á noticia

Conferencia “Proyectos y obras recientes. Estudio Barozzi-Veiga”

Publicación: 4 de febrero  
La Delegación del COAG en Santiago organiza, el próximo 18 de febrero a las 19,30 horas, esta Conferencia-Narración sobre los proyectos y las obras más recientes del estudio Barozzi Veiga por uno de los arquitectos directores y fundadores del estudio, Alberto Veiga.
Enlace a la noticia

Actuacións en defensa da profesión

COAG-Actua
10/02/2022 Alegacións presentadas polo COAG á revisión do PXOM de Vigo.
19/01/2022 A Sección de admisión da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo inadmite o Recurso de Casación (nº 3112/2021) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.

Actualización de utilidades COAG

Publicación: 10 de febreiro  
Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, a listaxe de normativa de obrigado cumprimento actualizado ao 31 de xaneiro de 2022, recollendo todas as novidades lexislativas do ano anterior. Así para o caso, pola área técnica do COAG redactouse un informe no cal se indica as referencias normativas do ano 2021, indicando as cuestións derrogadas e/ou modificadas sobre a normativa ata o de agora vixente.
Enlace á noticia

Webinar “FONDOS EUROPEOS, OPORTUNIDADES Y CLAVES”

Publicación: 2 de febreiro  
Anunciase a celebración o próximo 16 de febreiro, ás 16,30 horas, do webinar “FONDOS UROPEOS, OPORTUNIDADES E CLAVES”, suspendido recentemente,no que participará o Director General de Vivienda y Suelo do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Javier Martín Ramiro.
Enlace á noticia

Concursos

Fallo do xurado e inauguración de exposición de proxectos gañadores e propostas presentadas

Publicación: 15 de febreiro  
O 16 de febreiro, ás 19,30 horas, se inaugurará no Mercado Municipal de As Pontes, con motivo da entrega de premios, a exposición de proxectos gañadores e propostas presentadas no Concurso de Ideas para mellorar as condicións de urbanización da Praza do Barreiro. Así mesmo, está dispoñible a acta do xurado deste Concurso de ideas no Perfil do contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público.
Enlace á noticia

Publicación de corrección de erros e ampliación do prazo de presentación de ofertas do Concurso aberto de proxectos con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para o Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Publicación: 9 de febreiro  
Con data do 9 de febreiro de 2022 publicouse unha corrección de erros do documento denominado RESPOSTA A CONSULTAS A 2/2/2022 publicado no perfil de contratante da USC o día 3/2/2022 e na páxina web do COAG.

A citada corrección de erros refírese ás respostas ás consultas nº 27 e 31 e o reitorado da Universidade resolveu prorrogar o prazo de presentación de ofertas ata as 14:00 horas do día 18 de febreiro de 2022.
Enlace á noticia

Emprego

Deputación Provincial de Pontevedra – Unha praza de arquitecto/a

Publicación: 10 de febreiro  
No BOE de data 10 de febreiro anúnciase a Resolución de 3 de febreiro de 2022, da Diputación Provincial de Pontevedra, referente á convocatoria para proveer varias plazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a.
Enlace á noticia

Ofertas de emprego

Emprego  
16/2/2022 Estudo de Arquitectura con sede en Alemaña inicia o proceso de selección de Arquitectos/as en remoto como apoio en interesantes proxectos de edificación.
15/2/2022 Empresa dedicada ao sector comerciante polo miúdo de alimentación con sede en OVIEDO selecciona arquitecto/a para traballos de arquitectura comercial e de interiores.
 

Eventos

Presentación do libro editado pola Universidade da Coruña: "Manel Franco”

Publicación: 16 de febreiro  
O vindeiro xoves 17 de febreiro de 2022, ás 19:00 horas, terá lugar na Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña a presentación do libro editado pola Universidade da Coruña: "Manel Franco", realizado na súa memoria por compañeiros e amigos do finado arquitecto e profesor.

Xornada “O catálogo razoado”

Publicación: 8 de febreiro  
O vindeiro mércores, 16 de febreiro de 2022, ás 16:15 horas na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago, terá lugar esta xornada, organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG) e coordinada por Miguel Fernández-Cid.
Enlace á noticia

Charla en liña “Rehabilitación Enerxética de Vivendas e os Fondos Europeos de Recuperación”

Publicación: 11 de febreiro  
O vindeiro venres 18 de febreiro, ás 10 horas, terá lugar esta charla en liña co obxectivo de informar sobre as convocatorias de axudas xurdidas dos fondos europeos Next Generation destinados á rehabilitación enerxética de vivendas e nova construción de vivenda para alugueiro social.
Enlace á noticia

Normativa

Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de febreiro de 2022

Publicación: 16 de febreiro  
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa de interese da primeira quincena do mes de febreiro de 2022. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720