Axenda
Boletín de Información 3 - 2022

Colexio|Concursos |Emprego |Eventos |Publicacións


Colexio

Lluís Comerón Graupera 1960 – 2022

Publicación: 26 de enero  
Desde el COAG lamentamos informar que ayer por la tarde nos sorprendía la triste noticia del fallecimiento Luís Comeron, presidente del CSCAE.

Un arquitecto que ha defendido la arquitectura y nuestra profesión de forma incasable, con una mente clara, desde la conciliación, la generosidad y la bondad.

Era un hombre sabio, bueno, educado y respetuoso.

Desde nuestra institución queremos trasladar nuestras más sentidas condolencias a su familia, amigos, al Colegio de Arquitectos de Cataluña y a todos y cada uno de los componentes del CSCAE.
Enlace a la noticia

Últimos días para configurar a cota de colexiación 2022

Publicación: 26 de xaneiro  
Lémbrase que o vindeiro domingo 30 de xaneiro, segundo se indica na Circular 24 2021, rematará o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2022.
Enlace á noticia

Novidades no directorio de colexiados/as na web colexial

Publicación: 25 de xaneiro  
Infórmase que a partires do 7 de febreiro modificarase a páxina do directorio público de arquitectos/sociedades na web do COAG, incorporando a opción de marcar e seleccionar ámbitos profesionais. 
Enlace á noticia

Recursos contra proceso selectivo do Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia

Publicación: 25 de xaneiro  
O COAG presenta dous recursos de reposición: un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo a1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e ESCALA de Arquitectos; así mesmo un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no Corpo Facultativo Superior de Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e escala de Arquitectos. 
Enlace á noticia

Últimas semanas para participar nos #PremiosARQUITECTURA

Publicación: 17 de enero  
Os premios ARQUITECTURA recoñecerán as obras que mellor contribúen ao interése xeral e difundirán o seu valor á sociedade. Os/as arquitectos/as poden presentar os seus traballos de edificación, planificación urbana e territorial, paisaxe, investigación, arquitecturas mínimas e interiorismo, entre outras, e un comité de expertos do seu Colexio seleccionará os mellores para concurrir aos premios. 
Enlace a la noticia

Concursos

Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento aberto nunha fase a nivel de anteproxecto, co fin de seleccionar as mellores propostas para a remodelación dos terreos que ocupa o porto de Portonovo e o seu entorno no concello de Sanxenxo

Publicación: 26 de xaneiro  
O obxecto do concurso é a ordenación e proposta de mellora con criterios de unicidade, do ámbito que conforma o actual porto de Portonovo, así como a ordenación e mellora da súa contorna, segundo a delimitación proposta que se concreta nas bases.
Enlace á noticia

Consultas no Concurso aberto de proxectos con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para o Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Publicación: 26 de enero  
Con data de 26 de xaneiro, aparecen publicadas na páxina de Contratación de Galicia, as consultas contestadas ata o 26 de xaneiro de 2022.
Enlace á noticia

Emprego

Oferta de emprego

Publicación: 26 de xaneiro  
Empresa inscrita no rexistro de tasacións do Banco de España selecciona arquitecto/a autónomo para realizar tasacións de bens inmobles en A Coruña.
Enlace á noticia

Eventos

Xornada online Schindler Digital Plan

Publicación: 24 de xaneiro Martes, 8 de febreiro. De 12:00 a 13:30 horas   
Schindler Digital Plan é unha ferramenta en liña e gratuíta. Permite planificar e deseñar ascensores e escaleiras mecánicas en minutos. É unha ferramenta de planificación que axuda a atopar a configuración de transporte vertical que mellor se adapte a cada edificio.
Enlace á noticia

Publicacións

Dispoñible a Guía de Accesibilidad en los Espacios Públicos Urbanizados

Publicación: 26 de xaneiro  
Recomendacións para a aplicación da Orde Ministerial TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Documento Técnico de Condicións Básicas de Accesibilidade e Non Discriminación para o Acceso e a Utilización dos Espazos Públicos Urbanizados.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720