Axenda
Boletín de Información 1 - 2022

Colexio|Emprego|Eventos |Normativa


Colexio

Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2022

Publicación: 27 de decembro  
Infórmase que, segundo se indica na Circular 24 2021, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2022, que rematará o 30 de xaneiro.
Enlace á noticia

Convocatoria do proceso de selección de candidaturas á I Edición dos Premios CSCAE 2021

Publicación: 1 de decembro  
En cumprimento das súas funcións, o CSCAE convoca a primeira edición dos Premios Arquitectura co obxectivo de difundir os valores sociais e culturais da Arquitectura e o Urbanismo, reivindicar a súa importancia na saúde, o benestar e a seguridade das persoas e na sustentabilidade do planeta, e recoñecer ao mesmo tempo traxectorias profesionais excelentes nas diferentes maneiras nas que se exerce a profesión.
Enlace á noticia

Exposición sobre as obras galegas premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

Publicación: 23 de decembro  
O pasado 3 de decembro realizouse a montaxe da exposición das  “Obras galegas premiadas en la XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo”  na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sita na rúa Federico Tapia 64 Baixo.
Enlace á noticia

Encuentro del Ciclo “Presentes energéticos. Descarbonizando la edificación”

Publicación: 12 de enero  
El #Observatorio2030 del CSCAE y ASA Asociación Sostenibilidad y Arquitectura en Roca Madrid Gallery, organizan un nuevo encuentro del ciclo “Presentes Energéticos. Descarbonizando la edificación”, que tendrá lugar el próximo jueves, 20 de enero a las 12:00h, en Roca Madrid Gallery (José Abascal, 57 – Madrid).
Enlace a la noticia

Consellería de Emprego e Igualdade – Programas para persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU

Publicación: 30 de decembro  
No DOG de 30 de decembro de 2021, publícase a ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo e as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. Enlace á noticia

Instituto Galego da Vivienda e Solo – Convocatoria de distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022

Publicación: 30 de decembro  
No DOG de 30 de decembro de 2021, publícase a Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022. Enlace á noticia

Emprego

Emprego público

Emprego  
12/01/2022 Concello de Lugo – Unha praza de arquitecto/a.
10/01/2022 Concello de Tomiño – bolsa de traballo para cubrir interinamente o posto de arquitecto municipal.
23/12/2021 Concello de Rianxo – Unha praza de arquitecto/a - Publicación no BOE.

Ofertas de emprego

Emprego  
12/01/2022 TINSA Tasaciones inmobiliarias selecciona arquitecto/a tasador autónomo para Ourense.
12/01/2022 “ALIA TASACIONES, S.A selecciona arquitectos/as para realizar tasacións na provincia de Lugo e en Santiago de Compostela.
 

Eventos

Xornada online eZero. O gas radón e a arquitectura: O novo CTE

Publicación: 5 de xaneiro  
O xoves 20 de xaneiro en horario de 19.00 a 20.30 en formato ONLINE comentaremos a problemática do radon, a súa importancia para a saúde das persoas, as tecnoloxías e formas actuais de mitigación.
Enlace á noticia

Equitone. Novos materiáis para fachada ventilada

Publicación: 3 de xaneiro  
Proxectar fachadas ventiladas con liberdade de deseño.

Deseñar unha segunda pel para un edificio pode ser frustrante se non se conta cuns materiais que permitan executar na realidade a concepción arquitectónica exposta. O fabricante de materiais de revestimento EQUITONE exponnos as claves do éxito dos seus paneis. Enlace á noticia

Normativa

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns no mes de decembro de 2021

Publicación: 11 de xaneiro  
Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese do mes de decembro de 2021. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.
Enlace á noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720