Axenda
Boletín de Información 51 - 2020

Colexio |Emprego |Premios


Colexio

Novidades nos servizos da cota de colexiación para o ano 2021

Publicación: 30 de decembro  
Novidades cota colexial Infórmase das novidades producidas en varios servizos para a configuración da cota de colexiación para o ano 2021, que está aberta ate o 24 de xaneiro.
Enlace á noticia

Últimos días para a inscrición nas listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2021

Publicación: 30 de decembro  
Remate prazo peritos As solicitudes de inscrición en calquera das listas deberán realizarse ata as 23:59 horas do día 11 de xaneiro de 2021 exclusivamente a través do enlace indicado do portal corporativo colexial. Non obstante, o remate do prazo para anotarse nas listas da ATRIGA dependerá de cando se publique a resolución de dito organismo realizando a convocatoria para solicitar os listados. Está previsto que a mesma se publique a mediados de xaneiro de 2021.
Enlace á noticia

Peche de oficinas colexiais durante o Nadal

Publicación: 23 de decembro  
Horarios Delegacions Infórmase que, como en anos anteriores, todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas a véspera do día de Aninovo, o día 31 de decembro. Tamén se informa de seguido do peche de Delegacións, debido ás vacacións do persoal.
Enlace á noticia

Consulta previa sobre a Lei de Arquitectura de Galicia

Publicación: 23 de decembro  
Consulta previa Lei de Arquitectura de Galicia Como xa se informou recentemente, o Consello da Xunta de Galicia aprobou a consulta pública previa sobre o anteproxecto de Lei de Arquitectura de Galicia.
Cremos que é un documento moi importante e no que os Arquitectos temos moito que dicir e posiblemente debamos liderar o debate público.
Nese sentido o Colexio xa organizou un grupo de traballo para presentar as oportunas achegas e tentar que o documento sexa o mellor, o máis completo e ambicioso posible.
Enlace á noticia

Emprego

Oferta de traballo para a redacción dun proxecto de demolición e dirección técnica no Concello de Nigrán

Publicación: 21 de decembro  
Praza arquitecto valdoviƱo O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado na redacción de proxecto e a dirección técnica da demolición dunha edificación sen licenza emprazada no referido termo municipal, en execución do disposto por sentencia xudicial.
Enlace á noticia

Premios

Convocada la 5ª edición del Premio Europeo de Intervención en el Patrimonio Arquitectónico

Publicación: 30 de diciembre  
Premio europeo patrimonio Este certamen bienal, organizado con el soporte del Colegio Oficial de Arquitectos de Cataluña y la Agrupación de Arquitectos para la Defensa y la Intervención en el Patrimonio Arquitectónico, tiene como objetivo distinguir la buena práctica patrimonial y contribuir a su divulgación.
Enlace a la noticia

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720