Axenda
Boletín de Información 7 - 2020

Colexio | Emprego| Eventos|Normativa


Colexio

Atención colexial o martes 24 de febreiro «Martes de Entroido»

Publicación: 19 de febreiro  
Atencion Colexial Entroido Infórmase que o vindeiro martes 24 de febreiro, con motivo da festividade de Martes de Entroido, a Sede colexial e as oficinas colexiais de A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial nas delegacións de Pontevedra e Ferrol.
Enlace á noticia.

Actuacións en defensa da profesión

Publicación: 17 de febreiro  
COAGActua O Colexio presentou Alegacións ao proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos para intervencións nos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia.  Enlace á noticia.

Novidades nas Listas de peritos COAG 2020

Publicación: 14 de febreiro  
Novidades Peritos Tal e como se indica na Circular 2/2020, están dispoñibles as listas definitivas de peritos da ATRIGA, así como o resultado do sorteo das listas para atender encargos da Dirección Xeral de Xustiza. Enlace á noticia.

Reunión co Presidente da Xunta de Galicia

Publicación: 14 de febreiro  
Reunion Presidente Xunta Celebrouse unha reunión da Xunta de Goberno do Colexio co Presidente da Xunta de Galicia. 

Enlace á noticia.

Dispoñible a publicación XIV Premios COAG de Arquitectura

Publicación: 13 de febreiro  
Publicacion XIV Premios COAG Está dispoñible para a súa descarga gratuíta a publicación XIV Premios COAG de Arquitectura, do ano 2012. 
Enlace a la noticia.

Últimos días

«Taller para a Rehabilitación Enerxética de edificios e instalacións»

Neste taller abordarase, nunha primeira parte teórica, a Rehabilitación Enerxética de edificios e instalacións mediante sistemas de aillamento exterior a través do seguimento do proceso de rehabilitación enerxética de diversas obras financiadas con fondos FEDER, no que se profundizará a continuación dende un enfoque práctico mediante a análise constructiva in situ de dúas intervencións reais dentro do programa de Economía Baixa en Carbono. O taller inclúe dúas visitas a obras de diferentes tipos e características.


Acordo de Colaboración XERA-COAG | Visita ao PAC de A Laracha (A Coruña). Utilización de sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario

No marco do acordo de colaboración asinado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares, prográmase unha visita ao PAC de A Laracha (A Coruña) que terá lugar ás 10:00 h do vindeiro xoves día 20 de febreiro. A xornada está dirixida a arquitectos e pretende amosar un exemplo de utilización do sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario.

Emprego

Oferta de Emprego

Publicación: 18 de febreiro  
Emprego privado DEPOSITOS COBALLES, S.L. con sede en O Rosal – Pontevedra, selecciona arquitecto/a para modelador BIM. 
Enlace á noticia.

VI Convocatoria Beca de Investigación en Nueva York

Publicación: 14 de febrero  
Beca Nueva York Destinada a arquitectos titulados en cualquier ETSA española, los arquitectos extranjeros con permiso de residencia y título obtenido en España y los arquitectos con título obtenido fuera del país y homologado en España. 
Enlace a la noticia.

Eventos

Xornada «Leopoldo Nóvoa, entre Armenteira e París»

Publicación: 17 de febreiro  
Xornada Leopoldo Novoa O vindeiro 20 de febreiro, ás 17,30 horas, terá lugar esta xornada no salón de actos do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, dentro do ciclo «En modo conversa». 
Enlace a la noticia.

Eventos próximos

Curso Passivhaus Designer

Energiehaus Edificios Pasivos, organiza el Curso Passivhaus Designer que se celebrará en A Coruña del 10 de febrero al 4 de marzo.


Jornada intensiva sobre geotermia: teoría y práctica

El próximo 28 de febrero, se celebrará en Vigo una Jornada Intensiva sobre Geotermia en la Escuela de Ingeniería y Minas de La Universidad de Vigo con el título“Geotermia: teoría y  práctica”.


WORKSHOP LAMP. Iluminación Dinámica

Miércoles 19 de febrero en A Coruña | Jueves 20 de febrero en Vigo
Los espacios arquitectónicos evolucionan y se humanizan cada vez más. Descubre como la iluminación da respuesta a estas nuevas necesidades.


Workshop: Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra

A Escola Galega da Paisaxe organiza do 2 ao 6 de marzo de 2020, un workshop dedicado ao Camiño de Inverno no tramo Monforte de Lemos-Chantada.


Congreso Unión Profesional 20+20 ‘Profesiones unidas por un mundo en cambio’

Los días 5 y 6 de marzo tendrá lugar en el Auditorio de la Mutua Madrileña en Madrid el Congreso UP 20+20, profesiones unidas por un mundo en cambio.


Normativa

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns na primeira quincena do mes de febreiro de 2020

Publicación: 17 de febreiro  
Normativa quincena febreiro Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de febreiro de 2020. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial. 
Enlace á noticia.

Planeamento urbanístico – primeira quincena febreiro 2020

Publicación: 17 de febreiro  
Planeamento Quincena febreiro Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de febreiro de 2020 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. 
Enlace a la noticia.

Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720