Boletín de Información [nº 14 - 2017]
Colexio Emprego Formación Normativa Ofertas Premios Xornadas

Colexio

Desestimación do recurso interposto contra a modificación do cadro de persoal 2017 da Deputación de A Coruña

Publicación: 18 de agosto de 2017  
Recibida a notificación do acordo de "Aprobación da desestimación do recurso de reposición interposto polo COAG contra o acordo do pleno de 31 de marzo de 2017 de aprobación definitiva da modificación do Cadro de Persoal 2017" da Deputación de A Coruña. Enlace á noticia.

Personamiento no Procedemento Ordinario 195/2017 en relación ao recurso do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños impugnando asistencia técnica urbanística do concello de A Guarda

Publicación: 6 de setembro de 2017  
COAG Actua O COAG xa presentara alegacións anteriormente con ocasión do recurso de reposición presentado en vía administrativa polo devandito Colexio solicitando a desestimación do recurso, en defensa das competencias da profesión de Arquitecto. Enlace á noticia.

Traslado da Delegación de Ferrol ás novas oficinas do 11 ao 15 de setembro

Publicación: 8 de setembro de 2017  
Delegacion de Ferrol Infórmase que por mor do traslado das nosas oficinas ao novo local, a delegación de Ferrol permanecerá pechada entre o 11 e o 15 de setembro, ambos inclusive. A partir do luns 18 de setembro, a atención presencial se levará a cabo dende as novas oficinas sitas en Avenida de Esteiro, 113 Baixo. Enlace á noticia.

Premios "Gran de Area 2017". Remate do prazo de presentación.

Publicación: 6 de setembro de 2017  
Premios Gran de Area 2017 O prazo de presentación dos Premios "Gran de Area 2017", convocados polas Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo, remata ás 23:59 horas do  vindiero 17 de setembro de 2017.
Enlace á noticia.

Emprego

Ofertas de emprego

Emprego Portela Varela Puente Arquitectos, SLP.
Arquitecto con conocimientos de Archicad.
Dosesmas Arquitectos, SCP.
Arquitecto para beca FUAC o FEUGA
BOP-A Coruña 7 de setembro de 2017 Concello de Betanzos.
Convocatoria dun arquitecto para a oficina área de rehabilitación casco histório e apoio a urbanismo e obra pública. Enlace á noticia.
DOG 4 de setembro de 2017 Concello de Ortigueira.
Praza de Arquitecto interino e creación dunha bolsa de emprego. Enlace á noticia.
BOP-A Coruña 31 de agosto de 2017 Concello de Abegondo.
Praza de Arquitecto interino. Enlace a Boletín.

Concello de Oia. Licitación adaptación borrador PXOM á Lei 2/2016 do solo de Galicia

Publicación: 31 de agosto de 2017  
Concello de Oia Publicado no Diario Oficial de Galicia do 31 de agosto o anuncio da licitación para adxudicar o servizo de adaptación do PXOM do Concello de Oia á nova Lei 2/2016, do solo de Galicia.
Enlace ao DOG.

Concello de Oza-Cesuras. Licitación redacción PXOM

Publicación: 5 de setembro de 2017  
Concello de OzaCesuras Publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 5 e setembro o anuncio da licitación para adxudicar o contrato para os servizos de redacción do PXOM de Oza-Cesuras. Enlace ao Boletín.

Formación

Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG | EGAP 2017-2018

Pendente publicación no DOG Do 25 de outubro de 2017 ao 14 de decembro de 2018
Publicouse recentemente a programación do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, edición 2017-2018, así como contidos detallados, horarios e ponentes. 
Enlace á noticia.

Seminario "Grafismo e Representación da Paisaxe"

Aberta inscrición 21 de setembro a 17 de novembro de 2017
Seminario Grafismo e Representación da paisaxe Organizado pola Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, destinado a profundizar nas técnicas dixitais de representación gráfica, dos diferentes recursos de imaxe destinado a expresar un proxecto de arquitectura da paisaxe.
 Enlace á noticia.

Seminario "As paisaxes culturais da montaña galega"

Aberta inscrición 6, 7 e 8 de outubro de 2017
A Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, coa colaboración do Grupo de Investigación de Análise Territorial (ANTE-IDEGA-USC), organiza do 6 ao 8 de outubro un seminario de debate e intercambio acerca da cultura propia das paisaxes de montaña. Enlace á noticia.

Geasic. Curso online de AutoCAD 2D Básico

Online. Abierta inscripción 28 de septiembre a 22 de octubre de 2017
Geasic. Curso Autocad 2d basico Con el curso online de AutoCAD 2D aprenderás a realizar cualquier tipo de diseño técnico, siendo el programa más utilizado por Ingenieros, Arquitectos, Delineantes, etc.
Enlace a la noticia.

Geasic. Curso online de AutoCAD 2D Avanzado

Online. Abierta inscripción 26 de septiembre a 29 de octubre de 2017
Geasic. Curso autocad 2d avanzado Con el curso online de AutoCAD 2D Avanzado aprenderás a utilizar todas las herramientas de dibujo así como los comandos más utilizados para agilizar el trabajo. 
Enlace a la noticia.

Geasic. Curso online de AutoCAD 2D Completo

Online. Abierta inscripción 26 de septiembre a 26 de noviembre de 2017
Geasic. Curso Autocad 2d Completo Acabarás el curso acotando perfectamente cualquier tipo de plano, ya sea de mecánica o arquitectura, en función del tipo de cotas que necesites y a diferentes escalas.
Enlace a la noticia.

Normativa

Actualidad Urbanística en Vigo. Medidas Provisionales de ordenación urbanística: Instrumento de ordenación provisional

Publicación: 13 de setembro de 2017  
El borrador del  instrumento de ordenación provisional del ayuntamiento de Vigo, está siendo sometido a evaluación ambiental estratégica por el procedimiento simplificado en la Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Xunta de Galicia. Enlace a la noticia.

Normativa e acordos de interese publicados no D.O. de Galicia, B.O.E, Diario Oficial das Comunidades Europeas, e nos catro BOP´S provinciais en agosto do 2017

Publicación: 4 de setembro de 2017  
Normativa de interese agosto 2017 Publicada na zona de normativa da web colexial a listaxe da Normativa de interese do mes de agosto de 2017. Enlace á noticia.

Planeamento Urbanístico publicado no mes de agosto de 2017

Publicación: 4 de setembro de 2017  
Planeamento Urbanistico agosto 2017 Publicada información relativa ao Planeamento urbanístico publicado no mes de agosto nos Boletíns de Galicia, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Enlace á noticia.

Ofertas

Oferta de software PREOC 2017 + PREMETI 2017

Publicación: 26 de xuño de 2017 Ata o 30 de outubro de 2017
Oferta software Preoc e Premeti 2017 A empresa Atayo ofrece aos colexiados, cun 38 % de desconto, a base de prezos de construcción PREOC 2017 e o programa de medicións e presupostos PREMETI 2017 a un prezo de 220 € mais IVE.
Oferta especial ata o 30 de outubro de 2017.
Enlace á noticia.

Premios

Premio UICM a profesionais colexiados para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións 

Publicación: 12 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 2 de outubro de 2017
Premio UICM A Unión Interprofesional de la Comunidad de Madrid, acordou instaurar este Premio para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións, publicado en 2016. Poderán optar ao Premio os profesionais colexiados de calquera Colexio Profesional de España.
Enlace á noticia.

Xornadas

IX Jornadas Arquitectura y Diseño

Publicación: 7 de setembro de 2017 Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
IX Jornadas Arquitectura y Diseño El próximo viernes 15 de septiembre, a las 9,30 horas, se celebrarán estas jornadas en el edificio Cinc, de la Ciudad de la Cultura (auditorio 2) de Santiago de Compostela. Enlace á noticia.

Pascuala Campos de Michelena, as arquitecturas da vida

Publicación: 13 de setembro de 2017 Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017
Xornada Pascuala Campos de Michelena Con esta xornada, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega quere recoñecer o labor de Pascuala Campos e con ela o das mulleres que, na arquitectura e no urbanismo, están a suscitar novos campos de reflexión e acción, outros lugares para a vida. Enlace á noticia.

XI Jornadas CGPJ - CSCAE

Publicación: 11 de setembro de 2017
XI Jornada CGPJ - CSCAE Las Jornadas Consejo General del Poder Judicial-Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, que se celebran con carácter bienal, tendrán lugar en Cartagena del 4 al 7 de octubre.
Enlace á noticia.
 

Acceso a Boletíns anteriores na web: Información/Boletíns

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmalle de que os datos que figuran nesta comunicación están incluidos no arquivo "colexiados", que ten como titular ao Colexio de Arquitectos, coa finalidade de contestar ás consultas e de ofrecerlle información sobre as actividades e servizos da organización colexial. Pode exercitalo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Protección Datos. Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga. 15704 Santiago de Compostela ou por email a: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
En relación co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, pode darse de baixa da lista de distribución do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, enviando unha mensaxe á dirección: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
A nosa política de privacidade está dispoñible en: www.coag.es/avisolegal.asp





 

*|REWARDS|*