Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia


Boletín de información [nº 7 - 2017]

Colexio

Recurso impugnando as bases de contratación laboral temporal dun arquitecto no concello de Vilamarín

Publicación: 23 de xuño de 2017  
Coag Actua O Colexio entende, entre outros aspectos, que as bases non se axustan, nalgún dos seus extremos, ao regulado normativamente para o procedemento de concurso de méritos. Enlace á noticia.

Horario especial en Sede e na Delegación de Santiago na semana do 24 ao 30 de xullo e peche nas Delegacións de Ourense e Ferrol o día 24 de xullo

Publicación: 19 de xullo de 2017  
Imagen delegaciones Sede e Delegación de Santiago - Semana grande Durante a semana do 24 ao 30 de xullo, o horario de atención será de 10 a 13 horas.
Delegacións de Ourense e Ferrol.
Permanecerán pechadas o día 24 de xullo.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.

Resultado da subasta de mobiliario da Delegación de Pontevedra

Publicación: 19 de xullo de 2017  
Puxa Pontevedra Atópase publicado na web o resultado da subasta de mobiliario da Delegación de Pontevedra.
Próximamente contactarase cos adxudicatarios para organizar a recollida do material.
 Enlace á noticia.

Emprego

Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)

Publicación: 5 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 21 de agosto de 2017
Edificio Faraday No DOG do 5 de xullo inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo.
Enlace á noticia.

Asesoramento e coordinación en materia de seguridade e saúde

Publicación: 3 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 2 de agosto de 2017
Consorcio Zona Franca de Vigo Licitación do servizo de asesoramento e coordinación en materia de seguridade e saúde nos proxectos e obras promovidos e/ou financiados polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Enlace á noticia.

Formación

Curso de verán da UdC: Obradoiros de Morfoloxía Urbana

Publicación: 18 de xullo de 2017 Matrícula ata o 30 de xullo de 2017
Obradoiros de morfoloxia urbana O evento ten por obxectivo comprender e analizar distintos espazos de actualidade dentro da cidade, como a Cidade Vella-Parrote, a Peixería ou o Ensanche e muelles de San Diego. 
Terá lugar do 4 ao 7 de setembro de 2017 na ETSA-A Coruña e na Fundación Luis Seoane.
Enlace á noticia.

Imasgal. QGIS intensivo verano

Online, 45 h. clases webinar Del 1 al 31 de agosto
Curso QGIS Intensivo Este curso, en modalidad online, con 45 h. de clases webinar, permite al alumno iniciarse y profundizar en la edición, análisis y publicación de datos geoespaciales con las herramientas QGIS.
Enlace á noticia.

Imasgal. Revit intensivo verano

Online, 45 h. clases webinar. Del 14 de agosto al 14 de septiembre
Curso Revit intensivo Este curso permite al alumno adquirir los conocimientos necesarios para abordar la arquitectura de un proyecto de edificación en un entorno BIM con el software Autodesk Revit.
Enlace á noticia.

GEASIG. Curso online de SketchUp 3D

Publicación: 10 de xullo de 2017 Do 25 de xullo ao 3 de setembro de 2017
SketchUp 3D Sketch Up foi deseñado especificamente por arquitectos para usalo dunha maneira intuitiva, rápida e flexible. Queres aprender a manexar o programa de modelado 3D coa curva de aprendizaxe máis rápida de todos os programas que existen na actualidade? 
Enlace á noticia.

Ofertas

Oferta de software PREOC 2017 + PREMETI 2017

Publicación: 26 de xuño de 2017 Ata o 30 de outubro de 2017
Oferta software Preoc e Premeti 2017 A empresa Atayo ofrece aos colexiados, cun 38 % de desconto, a base de prezos de construcción PREOC 2017 e o programa de medicións e presupostos PREMETI 2017 a un prezo de 220 € mais IVA.
Oferta especial ata o 30 de outubro de 2017.
Enlace á noticia.

Premios

Premio UICM a profesionais colexiados para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións 

Publicación: 12 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 2 de outubro de 2017
Premio UICM A Unión Interprofesional de la Comunidad de Madrid, acordou instaurar este Premio para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións, publicado en 2016. Poderán optar ao Premio os profesionais colexiados de calquera Colexio Profesional de España.
Enlace á noticia.

Convocado o Premio de Arquitectura Española Internacional 2017

Publicación: 6 de xullo de 2017 Presentación de traballos ata o 15 de setembro
PAEI 2017 A terceira edición dos Premios de Arquitectura Española Internacional está promovida polo Foro da Arquitectura Española do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España -Foro CSCAE- , baixo a presidencia de honra do Ministro de Fomento do Goberno de España.
Enlace á noticia.

Convocado el Premio de Urbanismo Español 2017

Publicación: 5 de xullo de 2017 Presentación de traballos ata o 15 de setembro
PUE 2017 O CSCAE convocou o Premio de Urbanismo Español 2017, que ten por obxecto recoñecer a calidade daqueles traballos, realizados por equipos profesionais dirixidos por arquitectos españois, de plan ou de urbanización de espazos públicos realizados en España.
Enlace á noticia.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmalle de que os datos que figuran nesta comunicación están incluidos no arquivo "colexiados", que ten como titular ao Colexio de Arquitectos, coa finalidade de contestar ás consultas e de ofrecerlle información sobre as actividades e servizos da organización colexial. Pode exercitalo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Protección Datos. Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga. 15704 Santiago de Compostela ou por email a: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
En relación co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, pode darse de baixa da lista de distribución do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, enviando unha mensaxe á dirección: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
A nosa política de privacidade está dispoñible en: www.coag.es/avisolegal.asp





 

*|REWARDS|*