Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia


Boletín de información [nº 3 - 2017]

Colexio

Interposición de recurso de reposición contra a convocatoria da licitación para a contratación do servizo de Asistencia Técnico Urbanística do concello de Boqueixón

12 de xuño de 2017
O principal motivo do recurso foron os criterios de solvencia. O COAG considera improcedente a petición dos certificados ISO previstos nos pregos ao non se tratar dun contrato suxeito a regulación harmonizada. Enlace á noticia na web.

Alegacions do COAG ao proxecto integrador da estación intermodal de Ourense (proxectos de estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade transversal, estación de autobuses, aparcamento para turismos)

13 de xuño de 2017
Por considerar que non se cumpren obxectivos recollidos no convenio marco de colaboración e descritos no citado proxecto integrador, O COAG solicita que o proxecto de integración presentado non sexa tramitado pola vía proposta... Enlace á noticia na web

O COAG presentou un escrito de alegacións no concello de Bóveda solicitando a desestimación do recurso interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños Canais e Portos en impugnación da licitación do contrato de servizos de consultoría urbanística, redacción de proxectos técnicos e dirección de obras

13 de xuño de 2017
O concello de Bóveda está a licitar o contrato de servizos de consultoría urbanística, redacción de proxectos técnicos e dirección de obras. O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia ten presentado un recurso de reposición... Enlace á noticia na web.

Atención ao público na Delegación de Ourense na semana do 19 ao 23 de xuño

15 de xuño de 2017  
Delegacion de Ourense Infórmase que por motivos organizativos, na semana do 19 ao 23 de xuño, a delegación de Ourense só atenderá ao público o martes 20 de xuño e o mércores 21 de xuño.
Rogamos desculpen as molestias que estas circunstancias poidan causar.

Formación

Imasgal. Revit intensivo. Nivel iniciación e intermedio

19 de xuño de 2017
Imasgal. Revit intensivo. Del 22 de junio al 31 de julio tendrá lugar el curso, en modalidad online, que permite al alumno, desde un enfoque eminentemente práctico, introducirse y profundizar en la metodología de trabajo en un entorno BIM y en el manejo de las herramientas para la creación de modelos 3D paramétricos de edificación. Enlace á noticia na web.

Imasgal. Curso de Modelado de nube de puntos: SketchUp+Undet

19 de xuño de 2017
Imasgal. Curso de modelado de nube de puntos Del 22 de junio al 31 de julio tendrá lugar el curso, en modalidad online, que permite al alumno aprender a modelar proyectos complejos a partir de nubes de puntos creadas a partir de escaneado láser 3D y fotogrametría. Enlace á noticia na web.

Normativa

Planeamento urbanístico rimeira quincena xuño 2017

15 de xuño 2017  
Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena de xuño de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Enlace á noticia na web.

Normativa de interese actualizada

15 de xuño 2017  
Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese actualizada a 15.06.2017.
Enlace á noticia na web.

Premios

Premios Gran de Area 2017

19 de xuño 2017  
 As Delegacións do COAG de Ourense, Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a arquitectos, promotores, construtores e aparelladores pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.Enlace á noticia na web.

Publicaciones

Boletín Anual 2016 del Observatorio de Vivienda y Suelo

20 de xuño 2017  
Boletin Anual 2016 Observatorio Vivienda y Suelo Desde la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento nos comunican que ya está disponible el Boletín estadístico del Observatorio de Vivienda y Suelo correspondiente al año 2016. Enlace a la noticia en la web.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400
web: portal.coag.es

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmalle de que os datos que figuran nesta comunicación están incluidos no arquivo "colexiados", que ten como titular ao Colexio de Arquitectos, coa finalidade de contestar ás consultas e de ofrecerlle información sobre as actividades e servizos da organización colexial. Pode exercitalo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Protección Datos. Praza da Quintana 1, Casa da Conga. 15704 Santiago de Compostela ou por email a: protecciondatos@colexiodearquitectos.org

En relación co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, pode darse de baixa da lista de distribución do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, enviando unha mensaxe á dirección: protecciondatos@colexiodearquitectos.org

A nosa política de privacidade está dispoñible en: www.coag.es/avisolegal.asp





 

*|REWARDS|*