Urbanismo: presentación

O servizo de información sobre urbanismo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ten como obxecto informar aos arquitectos sobre os aspectos relativos á normativa vixente en materia de planeamento urbanístico.

A través do enlace á “Normativa Urbanística” pódese acceder ao planeamento urbanístico municipal aprobado en Galicia, así como ao planeamento histórico dos arquivos da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e ás Delimitacións de Núcleos Rurais. Ademais, a través do traballo de georreferenciación e vectorización realizado ao longo dos anos, os planos que integran cartografías urbanísticas están dispoñibles (ainda que non directamente descargables) en formatos “geojpg” e “geotif”. Tamén se pode acceder ás sentenzas xudiciais que afectan ao planeamento urbanístico municipal e a unha serie de informes urbanísticos municipais, que resume o estado dun municipio en materia urbanística no momento do informe.

Para facilitar o acceso ao servizo, os colexiados dispoñen dun servizo telemático de consultas sobre a normativa que afecta aos traballos de planeamento urbanístico.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.