Convocatoria de candidaturas recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2022”

31 Ago 2022

Sendo conscientes do valor aportado por outros membros da nosa Sociedade na defensa dos valores que queremos representar para construír dende arquitectura e o urbanismo un mundo mellor, dende a Xunta Directiva da Delegación de Santiago quérese facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan no proceso de xeito excepcional.

Así, convócase a todos os arquitectos colexiados na Delegación de Santiago para que propoñan a aquelas persoas físicas o xurídicas, non arquitectos, que entendan que poidan ser merecedores deste recoñecemento polo seu traballo e á súa especial achega a unha “Arquitectura para un mundo mellor”, dentro do ámbito territorial da nosa Comunidade autónoma, sendo especialmente salientable que sexa no ámbito da nosa delegación de Santiago.

As candidaturas recibidas serán avaliadas por un xurado formado a tal efecto por compañeiros da nosa demarcación tentando que sexa o máis representativo posible do colectivo de arquitectos que a formamos.

Para participar debe enviarse unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo xd.santiago@coag.es indicando no asunto: Candidatura recoñecemento “Arquitectura para un mundo mellor 2022”. A mensaxe debe de acompañarse dunha carta motivando a candidatura da persoa proposta. Unha mesma candidatura pode vir proposta por varios colexiados sendo o número de avais outra das cuestións para ter en conta na valoración das candidaturas presentadas.

O prazo para a presentación de candidaturas esténdese ata o próximo 15 de setembro de 2022. Animádevos a participar!

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.