Entrega a Xosé Otero Pombo do recoñecemento dos arquitectos de Santiago

3 Out 2022

Desde a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, queremos convocar a todos os interesados ao acto de entrega do recoñecemento profesional a Xosé Otero Pombo pola súa achega a unha “Arquitectura para un mundo mellor”.


O recoñecemento farase efectivo na cea que se celebrará o sábado 8 de outubro no Hotel Monumento San Francisco nun acto no que participará o arquitecto VÍCTOR LÓPEZ COTELO, autor de varias obras promovidas polo homenaxeado e premiadas internacionalmente, a súa vez, como os conxuntos residenciais de “Carme de Abaixo”, “Pontesarela” ou o centro de formación de “Pontepedriña de Arriba”.

 

O evento comenzará a partires das 21:00 horas desfrutando dun aperitivo no claustro do convento, pasando logo ao comedor onde terá lugar o acto de recoñecemento e, posteriormente, a cea de celebración.

Adxúntase ligazón á ubicación do Hotel Monumento San Francisco:

https://goo.gl/maps/iFsjv2aFPRi9GpPA9

PRAZAS ESGOTADAS!

Dado que o aforo é limitado, a inscrición só farase efectiva no momento do pago. En caso de cancelación reembolsarase o pago do 100% do importe si esta se comunica ao correo xd.santiago@coag.es ata 3 días antes do evento.

Animádevos a participar!

A Xunta Directiva

Delegación de Santiago de Compostela

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.