Encontro informativo #Construíndo Fogar

25 Mar 2022

O vindeiro luns 28 de marzo, ás 10,30 horas, terá lugar no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2. A Coruña) este encontro, para dar a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos.

O obxectivo é informar dos requisitos que os beneficiarios de cada axuda deben cumprir, así como dos trámites que deben realizar ante a Xunta para acceder aos incentivos dispoñibles ao abeiro da convocatoria de 2022, tanto dos programas que xa están abertos como daqueles pendentes de publicar a súa convocatoria.

Así, o IGVS dará conta dos programas dispoñibles para fomentar a rehabilitación do parque de vivendas de Galicia. Á maioría están dirixidos aos particulares, pero tamén existen outros que son exclusivamente para os concellos.

Achégate a coñecer polo miúdo todas as axudas de vivenda da Xunta de Galicia e pregunta todas as dúbidas que teñas

Data: luns, 28 de marzo

Hora: 10,30 horas

Lugar: salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña (Rúa Vicente Ferrer, 2 – 15071 A Coruña)

NOTA: Rogamos confirmen asistencia a través do enderezo electrónico actos.cmatv@xunta.gal

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site.