Informe de Avaliación de Edificios

O informe de avaliación de edificios (IAE) é un instrumento que acredita a situación na que se atopa un edificio en relación ao seu estado de conservación, ao cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade e ao seu grado de eficiencia enerxética.

Obrigas

A normativa básica establece que os propietarios de edificios de vivendas de máis de 50 años dispoñan de IAE e obriga aos concellos a velar por que o cumpran.

Normativa Básica

Ley 1/2019, de 22 abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia

El Decreto 61/2021, de 8 de abril, por el que se regula el informe de evaluación de los edificios y se crea el Registro Gallego de Informes de Evaluación de los Edificios

Decreto 34/2022, de 10 de marzo, por el que se modifica el Decreto 61/2021, de 8 de abril, por el que se regula el informe de evaluación de los edificios y se crea el Registro Gallego de Informes de Evaluación de los Edificios

¿Para qué sirve o IAE?

Para mellorar a seguridade de uso ao reducir situacións de risco, garantir a estabilidade e prolongar a vida útil do edificio.

Para fomentar a rehabilitación, evitando maiores gastos, o derrumbe de inmobles de valor histórico, a degradación da paisaxe, así como costosos programas de recuperación de barrio.

Para informar ao comprador e promover a actividade económica no sector inmobiliario e da construción, o que repercutirá nunha mellora global da economía.

Para acadar que as axudas á rehabilitación se destinen aos elementos que realmente o necesitan.

Para coñecer o alcance da infravivenda e o estado do patrimonio edificado para enfocar as políticas de rehabilitación e as axudas.

T tamén para mellorar a accesibilidade e a eficiencia enerxética.

¿Qué edificios están obrigados?

Os edificios de vivendas de máis de 50 anos. As vivendas unifamiliares, non.

¿A qué se está obrigado?

Os propietarios están obrigados a subscribir o IAE e a realizar as obras que se deriven do seu estado de conservación.

¿Qué prazos hai para a realización do IAE?

O IAE deberá presentarse no prazo máximo dun ano desde que o edificio alcance os 50 anos.

Non obstante, os concellos poderán establecer un calendario para a presentación gradual dos IAE dos edificios catalogados e dos que teñan máis de 50 anos, sempre que non se superen os 3 anos desde a entrada en vigor do decreto.

¿Qué técnicos son competentes para redactar o IAE?

Arquitectos e arquitectos técnicos.

¿Qué contido ten o IAE?

Estado de conservación.

Condicións básicas de accesibilidade universal.

Certificación da eficiencia enerxética.

¿Cómo se elabora o IAE?

Mediante unha aplicación informática gratuita habilitada polo IGVS. https://iae.xunta.gal/

¿Dónde se presenta o IAE?

No concello onde se atopa o edificio.

¿Todos os IAE son válidos?

Son válidos todos os IAE presentados e inscritos no rexistro xeral, pero serán dados de baixa os que conteñan inexactitudes ou falsedades na documentación ou no contido do informe, os de edificios declarados en ruina, os de edificios demolidos e os de edificios rehabilitados integralmente.

¿Qué vigencia ten o IAE?

10 anos desde a data de elaboración.

¿Qué pasa si nonse entrega?

Que se comete unha infracción urbanística. O concello no-los requirirá de novo, podendo chegar a impoñer multas coercitivas e incluso a execución subsidiaria.

Contacto

Teléfono: 981 552 400

Correo electrónico: rehabilitacion@colexiodearquitectos.org

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.