Premios GranDeArea 2013

,


ir a portada premios

Os premios “Gran de Area de aportación a Arquitectura” son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos na demarcación.A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura e posible e cercana. Que os axentes intervintes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.

Os premios “Gran de Area de aportación a Arquitectura” pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e surxido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, a lo longo do ano previo.

As especiais circunstancias que corre a profesión nestes tempos fan que, este ano sexan 53 propostas, de moi diversas escalas e localizacións, as presentadas. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redoblado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna.

Candidaturas presentadas

Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:

Acceder a obras presentadas

Fallo

O xurado reunido o día 5 de setembro de 2013, acordou premiar 11 proxectos de 10 estudios de arquitectura.

Obra Arquitecto/s
Bodega en Camos Pablo Menendez Paz
Casa para un xove músico e parella Antonio Soliño Troncoso
CDRedondela Angeles Santos Vazquez y Carlos Martinez Gonzalez (Parentese &Parentese)
Centro Cultural Lérez Jorge Rodríguez Álvarez y Jose María Soto Cochón
Estación marítima de Vilanova Angel Cid Carballo y Silvia Diz (2c Arquitectos SLP)
Nave industrial Nexoted Ignacio Hortas Lopez y Adolfo Agra Gutierrez
Pabellón en Pazo de Cea Jose Villace y Martín Cominges (Villace & Cominges SLP)
Reforma de piso LG Alfredo Sirvent Silveira
Reforma y ampliación de Lonja de Vilanova Angel Cid Carballo y Silvia Diz (2c Arquitectos SLP)
Vivienda casco vello Perfecto Cendón y Javier Vázquez Fernández (Cendón Vázquez SCP)
Vivienda en Vilagarcía Wenceslao López Velasco – Alberto Reiriz Paz

Entrega de premios

A entrega de diplomas tivo lugar día 11 ás 19.30 horas na Sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da provincia de Pontevedra APEC, situada na rúa Real 16 de Vigo.

Skills

Posted on

11 febreiro 2018

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.