A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a terceira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír significativamente ao desenvolvememento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Con estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.
Categorías de innovación
Categoría | Premio | Descrición |
---|---|---|
Traxectoria Innovadora | 15.000€ | Empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes. |
Grande empresa | Premio honorífico | Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década. |
Pequena e mediana empresa | 15.000€ | Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos. |
Categorías de deseño
Categoría | Premio | Descrición |
---|---|---|
Profesionais | 15.000€ | Profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector. |
Empresas | Premio honorífico | Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década. |
Talento emerxente | 15.000€ | Deseñadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos. |
Prazo
Dende o 2 de maio ata o 4 de xullo de 2022.
Máis información e inscrición: http://gain.xunta.gal/artigos/496/premios