Fallados os Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020

18 Feb 2021

Fallo do xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020, que nesta terceira edición concedeu o Premio galego de arquitectura 2020 á Escola infantil de A Veigadaña no Concello de Mos, e o galardón á traxectoria profesional ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Tamén se recoñeceu o Premio Especial á Sustentabilidade á reforma dun edificio existente para 8 vivendas unha oficina e aparcamento no número 11 da rúa Colón en Vigo.

O xurado acordo a concesión dos seguintes premios:

Premio á traxectoria profesional 2020, dotado con 6.000 €

  • D. Manuel Gallego Jorreto.

Premio especial á sustentabilidade 2020, dotado con 6.000 €:

  • Reforma de edificio existente para oito vivendas unha oficina e aparcamento no número 11 da rúa Colón, en Vigo (Pontevedra). Autor: Leonardo LLamas Álvarez.

Premio galego de arquitectura 2020, dotado con 6.000 €

  • Escola infantil en A Veigadaña, en Mos (Pontevedra). Autores: Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós.

Premio galego de rehabilitación 2020, dotado con 6.000 € que se repartirán entre as 3 obras ganadoras. Concédese ex aequo ás seguintes obras:

  • Reconstrución de vivenda afectada pola vaga de lumes en Saa, en Carballeda de Avia (Ourense). Autores: Juan José Otero Vázquez e Cecilia López Muíños.
  • Rehabilitación dunha vivenda particular, en Vigo (Pontevedra). Autor: Alfonso Penela Fernández.
  • Intervención en bodega e área enoturística destinada á celebración de eventos, en Cenlle (Ourense). Autor: Oficina de Arquitectura Urbanismo y Planificacion SLP. (Juan Antonio Caridad Graña e Isidro López Yañez).

MENCIÓNS

Entre os proxectos presentados a esta modalidade, o xurado acorda destacar con mencións, sen dotación económica, as seguintes obras:

Modalidade de sustentabilidade:

  • Ampliación do Centro de Saúde para construción do PAC, en A Laracha (A Coruña). Autor: Ezcurra e Ouzande Arquitectura SLP.(Cristina Ouzande Lugo e Cristina Ezcurra de la Iglesia).
  • «El Camello» Coworking FIAT RENFE 593, en Santa Cruz de Ribadulla- Vedra (A Coruña). Autor: Fermín González Blanco.
  • Casa da Anguía, en Castrelo de Miño (Ourense). Autor: Juan José Otero Vázquez.

Modalidade de arquitectura:

  • Escola infantil Vilaxoan, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Autor: Iago Fernández Puentes.
  • Conxunto Turístico Albeida, en Outes (ACoruña ). Autor: SALGADO E LIÑARES, S.L.P. (Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñares Túñez).
  • Centro social en Cornido, en Carnota (A Coruña). Autores:Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López.

 

Modalidade de rehabilitación:

  • Rehabilitación das antigas vivendas dos mestres, en Rianxo (A Coruña). Autora: Sandra González Álvarez.
  • Escola infantil Santa Susana, en Santiago (A Coruña). Autor: ARROKABE, SLP: Iván Andrés Quintela e Óscar Andrés Quintela.
  • Arquivo Histórico provincial no antigo Convento de San Francisco, en Ourense (Ourense). Autores: Xosé Manuel Casabella López e José Luis Martínez Raído.

Noraboa a todos os premiados.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.