Ourense. 33 Ollada na rúa

23 maio 2017

 

 A Praza do Ferro.

VENRES 26,  20,00 h.

Cidadá:  Carmen Fernández Pérez.

Arquitecta: Raquel González Novoa.

Praza ou cruce de rúas, neste espacio de planta triangular celébrabase o mercado dos antigos ferreiros que ata alí acudían desde toda Galicia. Presidida polo Pazo dos Boán, ten no seu centro unha fermosa fonte renacentista do seculo XVI que veu desde o Patio do mosteiro de Santo Estebo de Ribas do Sil.

Nas súas cercanías naceron ou viviron galegos da talla de Risco, Otero Pedraio, Cuevillas, Xocas ou Blanco Amor.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.