Información pública do anteproxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia

8 Out 2018

No DOG de 8 de outubro, aparece o anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia.

Sométese a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.

Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-enviode-suxestions/

As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

  • Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: sxurbanismo@ xunta.gal.
  • Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.
  • Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Enlace ao DOG.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.