Convocatoria do IGVS de bolsas de formación para o 2021

21 xuñ 2021

Infórmase da publicación, no DOG nº 115 de 18  de xuño, da Resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan as bolsas de formación para o ano 2021.

Coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionadas cos ámbitos de actuación do citado organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica que lle permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, o IGVS quere darlles a posibilidade de que se formen nas materias relacionadas coas funcións que lle son propias, como son, segundo dispón o artigo 4 da súa lei de creación, entre outras, as relacionadas coa promoción e construción de vivenda pública, a tramitación do planeamento sectorial do solo e a redacción e xestión de plans e proxectos técnicos urbanísticos, así como as funcións de contido xurídico, económico e contable derivadas destas actuacións.

Mediante a presente resolución convócanse dez bolsas de formación coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionados cos ámbitos de actuación deste organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.