Club de Lectura Hai Mulleres – Carlota Eirós García «A Casa Grande do século XIX»

20 Set 2022

O vindeiro mércores 28 de setembro, ás 19,19 horas, terá lugar unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Carlota Eirós García sobre a súa obra “A Casa Grande do século XIX”. Está sesión terá lugar na Delegación do COAG en Lugo (Rúa Puro Cora Xornalistas, 1. Lugo), e será emitida por streaming dende a páxina de Instagram de @haimulleres.

Como en sesións anteriores, a través dun directo de instagram/facebook falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

A asistencia presencial á Delegación é libre e gratuíta ate completar aforo.

Esta actividade abrirá o COAG a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.

Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.