Club de Lectura Hai Mulleres – Inés Sánchez de Madariaga «Matilde Ucelay. La primera arquitecta española»

11 Out 2022

O vindeiro mércores 19 de outubro, ás 20,20 horas, terá lugar unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Inés Sánchez de Madariaga sobre a súa obra “Matilde Ucelay. La primera arquitecta española”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.

O enlace para o acceso é o seguinte:

https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZYlcOirqDsoH9faoxQuCI2jA6GP6iDqaEkH

Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta, Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

Esta actividade abrirá o COAG a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.

Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.