Xornada de asesoramento on line: Xestión de residuos de construción e demolición [RCDs]

8 Xul 2022

O vindeiro luns día 11 de xullo, de 17:00 a 19:00, terá lugar unha xornada de asesoramento en liña sobre gesión de residuos de construción e demolición que impartirá Helena Granados Menéndez.

O obxectivo da xornada é introducir os conceptos necesarios para que os arquitectos poidan incorporar criterios de deseño e posta en obra adecuados para unha correcta xestión dos Residuos de Construción e Demolición (RCD) de acordo coa normativa vixente, así como para posibilitar a reincorporación daqueles que sexan adecuados no proceso produtivo seguindo criterios de Construción Circular.

Analizaranse, desde unha base teórica, as distintas fases da obra nas que pode participar o técnico e cales son as posibles opcións de actuación. Así mesmo, consideraranse de forma xeral os requisitos vinculados á xestión dos RCD establecidos no Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

NOTA: A esta xornada só se poderá asistir en directo, pois nesta ocasión non será posible dispoñer da gravación para o seu seguimento en diferido. O prazo de inscrición remata ás 11:00 h do luns 11 de xullo.

Máis información e inscrición neste [+enlace]

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.