Plan de formación 2019

27 Feb 2019

En relación coas actividades formativas propias do COAG para 2019, atópanse dispoñible para os colexiados as liñas formativas e programación xeral (xunto cos criterios de deseño), a programación detallada do primeiro cuadrimestre, a análise dos resultados da enquisa de preferencias formativas 2019 e o informe sobre os cursos propios do COAG 2015-2018.

  • plan de formación 2019_esquema xeral_GAL a desenvolver durante o ano 2019.
  • Programación detallada do primeiro cuadrimestre de 2019 [Galego] [Castellano].
  • Análise dos resultados da enquisa de formación 2019, elaborada a partir das respostas dos 257 colexiados que participaches nela. Queremos agradecer a vosa elevada participación nesta enquisa. Coñecer as vosas valoracións e suxestións é moi importante para nós porque é unha gran axuda para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos.
  • Definición de liñas estratéxicas e criterios de deseño das actividades formativas.
  • Informe sobre as actividades formativas do COAG 2015-2018, no que se analizan, entre outras cuestións:
    • O volume global da actividade formativa e a súa evolución, analizado a partir do número de alumnos que participaron nos cursos, o número de horas de formación ofertadas e número de horas de formación cursadas.
    • A distribución territorial dos cursos propios que se levaron a cabo no Colexio de Arquitectos no período 2015-2018 e a súa relación co lugar de residencia dos alumnos que participaron neles.
    • O perfil dos asistentes.
    • A valoración dos alumnos sobre as actividades formativas, recollida a través de enquisas anónimas, referida a cursos nos que o número de respostas considérase suficientemente significativo respecto ao número de asistentes (>20%).

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.