Ourense. Olladas na rúa 23

23 May 2016

01_OLLADAS NA RUA 23

Colexio dos Maristas.

VENRES 27 ás  19,00 h.

Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón.

Arquitecta: Laura Baraja Regueira.

Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa o Restaurante San Miguel.. Despois de percorrer varios lugares, como o edificio que alberga a actual subdelegación de defensa na rúa do paseo, cesaron a súa actividade na cidade no ano 1932, regresando no ano 1954 e inaugurando no ano 1958 as que a día de hoxe seguen sendo as súas instalacións, na rúa Bedoya. Desde o punto de vista urbanístico esa edificación supuxo un revulsivo para a cidade de Ourense, considerándose como crucial para “ mover o centro da cidade” cara a esa zona, xerando entre outras, as rúas Valle Inclán e posteriormente Ramón Cabanillas.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.