Convocatoria «premios Manuel Gómez Román»

8 Oct 2015

2015_Premio MANUEL GOMEZ ROMAN_Página_2

Os “Premios Manuel Gómez Román” promovidos pola Asociación Setestrelo pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilizacióndos materiais utilizados para a rehabilitación, e comprenden dúas modalidades:

  1. a) Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas.
    b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas.

As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos, de acordo coas bases da convocatoria que se acompañan, ata do día 14 de novembro de 2015, ás 12:00 horas.

Trala valoración e decisión do xurado, terá lugar a entrega dos premios, o día 12 de decembro de 2015, ás 12.30 horas, no Castelo de Maceda.

No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.