Publicación do Plan Básico Autonómico nos boletíns provinciais

28 Sep 2018

Con data 28 de setembro, aparece publicado nos catro boletíns provinciais de Galicia o Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia.

PLAN BÁSICO AUTONÓMICO

Decreto 83/2018, do 26 de xullo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia. Tras ser publicado no DOG de  27/08/2018, publicouse nos catros boletíns provinciais, segundo o seguinte detalle:

BOP AC 28/09/2018 

BOP LU 28/09/2018 

BOP OU 28/09/2018 e  

BOP PO 28/09/2018.

Tamén de acordo o artigo 82 da Lei 2/2016 (LSG) e do artigo 199 seu Regulamento D. 143/2016 (RLSG) xa consta publicado no Rexistro de Planeamento urbanístico de Galicia

Seguindo o texto consolidado da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local– artigo 70.2 e por remisión ao artigo 65.2-, haberá de transcorrer un prazo de quince días hábiles desde a última publicación para a súa entrada en vigor. Así, de acordo a tal prazo, o Plan Básico Autonómico entrará plenamente en vigor o luns 22 de outubro de 2018

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.