Convocatoria das Xornadas informativas sobre a xestión dos RDC

12 Mar 2019

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión dos Residuos da Construción e Demolición, organiza estas xornadas en distintas cidades de Galicia.

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito das empresas.

Particularmente neste caso, coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión dos Residuos da Construción e Demolición, dende esta Dirección Xeral convidámolo a participar nalgunha das xornadas previstas, cuxas datas e lugares se citan a continuación:

  • 22/03/2019: Ferrol. Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-Galicia)

  • 28/03/2019: Santiago de Compostela. Instalacións da Escola Galega de Administración Pública.

  • 01/04/2019: Vigo. Asociación de Construtores de Pontevedra.

  • 02/04/2019: Lugo. Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo.

  • 08/04/2019: Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel.

  • 09/04/2019, Pontevedra. Centro Príncipe Felipe.

Os contidos e temática a desenvolver focalizaranse na situación actual da xestión dos RCD (normativa a cumprir, xeración nos últimos anos e competencias dos axentes implicados na xestión), abrindo un obradoiro participativo entre os asistentes e contando coa experiencia práctica por parte dunha empresa construtora e por ARCODEGA. (Para ver o programa das xornadas prema aquí.)

Co fin de favorecer a organización do evento, prégase confirmación de asistencia a través da seguinte ligazón.

As persoas inscritas serán contactadas posteriormente para confirmar a súa asistencia.

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal.

 

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.