O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no marco dos premios “GRAN DE AREA de aportación a arquitectura”, recoñece unha vez máis os proxectos e obras dos arquitectos realizados no ámbitos das delegacións de Pontevedra e Vigo, incluíndo nesta edición por primeira vez os das delegacións de Ourense. Este ano presentáronse 67 candidaturas que dan resposta ás necesidades da sociedade e que reflicten un compromiso dos autores e demais axentes involucrados no proceso construtivo coa arquitectura responsable.A selección realizada vai encamiñada a amosar que a Arquitectura é posible e cercana. Que os axentes interviñentes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e á escala da intervención, poden axudar á mellora do entorno, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos desta sociedade e deste tempo.
Os premios «Gran de Area de aportación á Arquitectura» pretenderon sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.
Este ano concorreron propostas de moi diversas escalas e localizacións. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redoblado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna. O xurado quere salientar a calidade dos proxectos e obras presentadas, recoñecendo o esforzo dos participantes.
Candidaturas presentadas
Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:
Composición do xurado e fallo
O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:
-
- Manuel Abelleira Argibay, Presidente da delegación de Pontevedra do COAG, presidente do xurado
- Alberto de Paula Prieto, Presidente da delegación en Ourense do COAG.
- Antonio Davila Alonso, Presidente da delegación de Vigo do COAG.
- Gracia Amandi Joglar, colexiada da delegación de Pontevedra, premiada na anterior edición de GDA.
- Beatriz Hermida Calviño, colexiada de la Delegación de Ourense.
- Sara Besada Porto, colexiado da delegación de Pontevedra.
- José Luís Sáez Silva, arquitecto designado pola delegación de Vigo do COAG.
- Anselmo Villanueva Peón, Secretario da delegación de Pontevedra, en representación de los Secretarios das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra, Secretario do Xurado.
O xurado salienta as seguintes obras presentadas:
Título proxecto | Arquitectos/as |
Piso STO. DOMINGO, Ourense | D. Pablo López Prol |
Vivenda sobre o Miño, Ourense | D. Manuel Jorreto Díaz |
Xeadería “Bico do xeado”, Baiona (Pontevedra) | Dona Andrea Fernández Fernández, D. Faustino Patiño Cambeiro e D. Juan Ignacio Prieto López |
Rehabilitación Elduayen, 2, Vigo (Pontevedra) | D. Rafael M. Cabeza Rey-Stolle (proxecto básico), D. Santiago Castro Paz (proxecto de recuperación de uso vivenda,proxecto de execución e dirección de obra), D. José Antonio González González (proxecto de recuperación de uso vivenda) e D. Francisco Javier Mariño Mendoza (proxecto de recuperación de uso vivenda, proxecto de execución e dirección de obra) |
Zapatería FRIDABLU, Vigo (Pontevedra) | D. Perfecto Cendón Domínguez e D. Francisco Javier Vázquez Fernández |
Vivenda Refuxio CRISALIDA, A Guarda (Pontevedra) | D. Mauro Lomba Martínez |
Museo do viño na reitoral de Santo André, Ribadavia (Ourense) | D. Manuel Seoane Feijoo, Dona María Jesús Blanco Piñeiro e Dona María Sonia López Calvo |
Espacio Lusquiños, Ourense | D. Carlos Mosquera del Palacio, D. Alberte Pérez Rodríguez e D. Enrique Iglesias Lima |
Centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do Baixo-Miño, A Guarda (Pontevedra) |
Rodríguez + Pintos Arquitectos S.L.P. |
Edificio de catro apartamentos + local comercial, Vigo, Pontevedra. | D. Antonio de Cominges Carballo e D. Rogelio Pérez Conde |
Verde, Vigo (Pontevedra) | D. Jordi Castro Andrade e Dona María González Ferro |
Entrega de premios
O acto de entrega de premios tivo lugar o venres 21 de outubro ás 18:00h no salón da planta baixa do Café Moderno en Pontevedra.