Restaurante llallas e taguín. Xinzo de Limia

28 Abr 2014

Santiago Barge Ferreiros

Recíbese o encargo de realizar un restaurante na planta baixa dun edificio de vivendas situado na zona antiga de Xinzo de Limia (Ourense); debido á súa situación ao lado da igrexa trátase dun exercicio de respecto co lugar e composición coa edificación existente.

Se recibe el encargo de realizar un restaurante en la planta baja de un edificio de viviendas situado en el casco antiguo de Xinzo de Limia (Ourense); debido a su ubicación al lado de la iglesia se trata de un ejercicio de respeto con el lugar y composición con la edificación existente.

Obra
Adecuación de local para restaurante

Situación
Rúa da Igrexa 7-9. Xinzo de Limia – Ourense – Galicia – España

Arquitecto
Santiago Barge Ferreiros (2304)

Colaboradores
Olalla Barge Ferreiros e Mª Belén Bouza Cora (arquitectos coautores)

Año
2011

Búscase esvaer os límites tanto en muros coma en teitos; exteriormente ábrense grandes ocos que prolongan o espazo interior ao exterior onde se enmarca o adro da igrexa. Interiormente búscase esvaer os límites a través do falso teito continuando a estratexia da fachada do edificio, realizado tamén polo noso estudo, prolongando no interior as lamas de madeira cun dobre carácter compositivo, dar continuidade ao local e esvaecer a altura deste a base de baleiros e cheos que se reparten por todo o recinto respondendo á súa vez a necesidades técnicas de instalacións.

Se busca difuminar los límites tanto en muros como en techos; exteriormente se abren grandes huecos que prolongan el espacio interior al exterior donde se enmarca el atrio de la iglesia. Interiormente se busca difuminar los límites a través del falso techo continuando la estrategia de la fachada del edificio, realizado también por nuestro estudio, prolongando en el interior las lamas de madera con un doble carácter compositivo, dar continuidad al local y desdibujar la altura del mismo a base de vacíos y llenos que se reparten por todo el recinto respondiendo a su vez a necesidades técnicas de instalaciones.

0071 restaurante xinzo de limia 03

A súa dimensión en planta decide sectorizar o seu uso en zona de tapería, zona de cafetaría e zona de restaurante, unidas por unha barra en forma de «L» que desemboca na cociña aberta á zona de restaurante, dando unha visión dende o mesmo do que acontece nela. O restaurante, na zona posterior, transfórmase con xogos de luces a distintas alturas que se trasladan ata as paredes xerando unha armazón de árbores que dan ao espazo un carácter máis íntimo.

A combinación de materiais como a pedra e madeira en todo o local responde á recreación dunha atmosfera tradicional, remarcando e continuando o uso de pedra e madeira do volume exterior.

No proxecto deseñouse o mobiliario que foi executado artesanalmente por un carpinteiro da zona, seguindo unha liña común pero diferenciada para cada ámbito, mantendo como base a madeira maciza de faia e a sinxeleza de formas.

Su dimensión en planta decide sectorizar su uso en zona de tapería, zona de cafetería y zona de restaurante, unidas por una barra en forma de “L” que desemboca en la cocina abierta a la zona de restaurante, dando una visión desde el mismo de lo que ocurre en ella. El restaurante, en la zona posterior, se transforma con juegos de luces a distintas alturas que se trasladan hasta las paredes generando un entramado de árboles que dan al espacio un carácter más íntimo.

La combinación de materiales como la piedra y madera en todo el local responde a la recreación de una atmósfera tradicional, remarcando y continuando el uso de piedra y madera del volumen exterior.

En el proyecto se ha diseñado el mobiliario que ha sido ejecutado artesanalmente por un carpintero de la zona, siguiendo una línea común pero diferenciada para cada ámbito, manteniendo como base la madera maciza de haya y la sencillez de formas.

memoria, planos y fotografías – Santiago Barge Ferreiros

0071 restaurante xinzo de limia 08

Premios
2013| Candidatura XV Premios COAG. Categoría REFORMA INTERIOR (Santiago de Compostela)

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.