Mesa redonda – Homenaxe Bar Boo

6 Sep 2022

A Real Academia Galega de Belas Artes organiza, o vindeiro martes 27 de setembro ás 20,00 horas, unha Mesa redonda – homenaxe polo centenario do nacemento de Xosé Bar Boo.

Terá lugar na sede da Academia, sita na praza do Pintor Álvarez de Sotomayo, 1. na Coruña.

A entrada é libre ate completar aforo.

A Garrido Fanés.

Os seus ideais arquitectónicos obedecían a uns principios e a unha ética que foi desenvolvendo a través dunha serie de invariantes aos que se mantivo sempre fiel no proceso de creación das súas obras. A súa exquisita e sólida formación humanística e filosófica conduciuno a uns principios éticos que guiáronlle, na procura do ideal, ao longo de toda a súa traxectoria arquitectónica e estiveron sempre presentes na súa conduta persoal. “Semblanza de un arquitecto. X. Bar Bóo”.

Xosé Manuel Casabella López.

Pode dicirse que a súa obra é parte do seu compromiso ético.

A súa integridade persoal e profesional era tan forte que no ano 1992 chegou a propoñer que no Novo Plan de Estudos da Escola de Arquitectura da Coruña incluírase ra una asignatura obligatoria de Ética, cuestionando que os arquitectos souberan valorar adecuadamente os aspectos éticos da súa actividade.

“Confieso que estoy muy orgulloso no de una cosa, sino de un comportamiento, haber luchado siempre por ser fiel a mí mismo y haberlo logrado con frecuencia”. Así lo afirmaba en la entrevista “Xosé Bar Bóo. Arquitecto contra las colmenas”, concedida a Mª. C. Parada.

En la entrevista publicada en la revista GRIAL sobre el desarrollismo de los años 60´se quejaba amargamente: “Soy uno de los arquitectos que menos trabajo tuve, tanto en el pasado como en el presente. Y fui discriminado por no doblegarme a hacer lo que se me pedía”. Comportamiento que le reportaría no pocos disgustos.

Uns días despois de que eu pasara  visitalo, á idade de 72 anos, falece no Hospital de Santiago de Compostela no ano 1994, onde estaba ingresado para realizar unhas probas médicas.

César Portela

Os homes adoitan dar resposta aos enigmas do mundo a traveso da arte ou por medio da ciencia. Xosé Bar Bóo faino utilizando ámbalas dúas. El é, a un tempo, un artista e un científico. A súa seductora personalidade e a súa ampla obra son paradigma de sensibilidade e racionalidade; pertence tanto ao Romanticismo como á Ilustración.

Bar Bóo é un galego que esnaquiza o tópico do galego na escaleira. Situado nunha delas, ninguén pode dubidar sobre se sobe ou Baixa. Normalmente sobe. E cando fai por unha proxectada por el, vai cómodo e seguro, porque os chanzos, o relanzo, a barandiña ou o pasamáns amais dunha perfecta xeometría, estarán magníficamente construídos.

O ascenso de Pepe Bar pola escaleira da vida só é comparable ao de Petrarca ao Mont Ventoux, ou ao xa mítico descenso, por aqueloutra escaleira de Gloria Swanson, perante os abraiados ollos de Von Strüheim e demáis compañeiros de reparto naquela sonada secuencia da non menos célebre película The Sunset Boulevard.

Pepe Bar, diante dos atónitos ollos de cantos seguimos a súa vida e a súa obra, sobe e segue a subir sen parar, con firmeza, sen vacilacións nen concesións, pola escaleira sen fin que ven sendo a arquitectura; a arquitectura verdadeira, aquela que se afasta por un igual da mesquiña especulación económica e da gratuíta e baldeira especulación cultural; aquela que é séntese de forma e función, de sentimento e razón; aquela que tenta dar resposta acaída ás fondas necesidades vitais.

De aí que se faga tan difícil elaborar un discurso coherente sobre da arquitectura en Galicia sen falar, e moito, das arquitecturas de Pepe Bar. O seu aparente despiste, no fondo, no é senón lucidez pouco común, que lle ten permitido ir decote por diante. Coma o demostra, por poñer só un exemplo, aquela súa ponencia ao XIII Congreso da Unión Internacional de Arquitectos celebrado en México, na que, con 15 anos de adianto vaticinaba a caótica, a sumamente crítica situación mundial de hoxe en día.

Pepe Bar é un deses poucos seres privilexiados que sempre miran cara arriba e ao futuro. Porén, se algunha vez o fixese cara abaixo e ao pasado, tamén podería sentirse satisfeito. Atrás deixa unha estela longa e ancha, plena de paixón e de sutileza, de ardencia e de dozura, de colorido e de elegancia: semellante, como din os que o viron, á cola da Ave do Paraíso. Detrás del fica unha obra importante e unha vida exemplar, cheas de estética e de ética, para disfrute e admiración de todos nós.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.