Libro de Ordes en formato Web

Presentación

Presentamos o novo Libro de ordes e asistencias que substituirá ó actualmente vixente no COAG. Trátase dun novo formato dixital, coordinado polo CSCAE, que reúne tódolos requisitos de validez legal incorporando unha serie de características que o fan máis útil e axil.

Requisitos

O único requisito requirido é a instalación e alta na plataforma LO_D CSCAE, xa que a sinatura pode ser tanto mediante certificado como hológrafa (e-lapis, dedo ou rato). A LO_D CSCAE está aberta ós Directores de obra, Directores da execución da obra, Construtores e mesmo Coordinadores de seguridade e saúde, mais a simple asignación de correos electrónicos chega para a validación de recepcións de ordes.

Características

A aplicación LO_D CSCAE é multiplataforma (PC, Android, IOS) e podémola ter instalada en diversos dispositivos, pois trátanse de libros na nube, en servidores propios da organización colexial, se ben, ante a falla de cobertura, podemos facer un gardado provisional no dispositivo. O LO_D CSCAE permite así xestionar tódolos libros de ordes de xeito axil e intuitivo. Como gran vantaxe na levanza dos libros ofrece a posibilidade de completar as ordes con arquivos gráficos (fotografías, planos, esquemas, detalles…). Dada unha orde, esta componse dando como saída un arquivo PDF, facilitando así a súa lectura e comunicación. Nos avisos mediante correo electrónico dunha nova orde, xúntase a orde en PDF.

Altas no sistema

Os arquitectos dámonos de alta na LO_D CSCAE mediante o noso número de colexiado CSCAE (dispoñible na páxina do Consello) e mailo DNI. Os outros axentes danse de alta na LO_D CSCAE mediante invitación dun arquitecto ó incluilos nun Libro de ordes e asistencias.

Tramitación de solicitudes e entregas

A tramitación de solicitude e entrega dos Libros de ordes e asistencias non se verá modificada por este sistema de levanza dos libros. No LO_D entregarase o seu pdf final, unha vez pechado o libro.

Descargas

Versión PC (Android e IOS desde o dispositivo móbil) Manual PDF – Manual Webinar Nota xurídica do CSCAE sobre a validez do LO_D

Condicións

A solicitude e emprego de LO_D implica a aceptación do informado nos apartados precedentes e neste apartado de condicións.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.