Atención colexial o luns 7 de decembro

2 Dic 2020

Infórmase que o vindeiro luns 7 de decembro, con motivo da ponte pola festividade da Inmaculada Concepción, deberanse ter en conta as seguintes indicacións con respecto á atención colexial en formato presencial, telefónico e telemático. Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.

Atención presencial: As oficinas colexiais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra Vigo e Ferrol permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial na delegación de Santiago.

Atención telefónica: O servizo de atención telefónica deberase empregar só para cuestións urxentes que non se poidan solucionar por medios telemáticos. 

Atención telemática.

Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro 7 de decembro o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, podense realizar consultas sobre cuestións como:

No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.