Xornada de presentación Acordo de Colaboración XERA-COAG | Visita a obra de rehabilitación dun edificio con estrutura de pino tea de Arrokabe arquitectos

5 Dic 2019

O vindeiro xoves, 12 de decembro, terá lugar na Delegación de Vigo o Acto de presentación aos arquitectos do acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o COAG para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. Aproveitarase dita xornada para celebrar a primeira das visitas a obra, unha rehabilitación dun edificio de con estrutura de pino tea de Arrokabe arquitectos.

A xornada comezará ás 10:00 horas na delegación do COAG en Vigo (Dr. Cadaval, 5) coa presentación do acordo e cunha charla informativa na que se explicarán as cuestións máis relevantes da obra que se vai visitar. A continuación terá lugar a visita a obra, que estará guiada polo arquitecto Iván Andrés Quintela (Arrokabe arquitectos) e Manuel Touza e Azahara Soilán, de CIS Madeira.

Características da obra:

  • Rehabilitación integral dun edificio de 5 plantas de propiedade privada. O baixo e entreplanta están a disposición do Impact Hub Vigo e as plantas restantes constitúen un apartamento en planta primeira e unha vivienda triplex que ocupa as plantas segunda, terceira e baixocuberta.
  • O proxecto logra manter a estrutura existente de trabes de piñeiro tea mediante un sistema de reforzos de madeira microlaminada así como medidas de deseño construtivo para impedir o ataque de termitas subterráneas.
  • Incorpora outros materiais como pontóns de madeira laminada de eucalipto e diversos paneis para mellorar o comportamento técnico e acústico.
  • Recupera, ademais, parte do material retirado da propia edificación para la configuración de novos elementos como o falso teito.

10:00 | Benvida aos asistentes e presentación do Acordo

Manuel Marínez Carazo, Presidente da Delgación do COAG en Vigo, e José Ignacio Lema Piñeiro, director de XERA.

10:15 | Presentación da obra de rehabilitación de edificio con estrutura de pino tea de Arrokabe Arquitectos. Intervencións de:

  • Ivan Ándres Quintela, Arrokabe
  • Manuel Touza, CIS Madeira
  • Azahara Soilán, CIS Madeira

12:00 | Visita á obra (rúa Santiago nº 5).


Para a visita da obra é necesario levar casco e calzado pechado.

As plazas son limitadas. É necesaria a inscrición, no seguinte ENLACE.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.