CONCELLO DE TUI. BOP 17/10/2016. CONVOCATORIA DE PROCESO DE SELECCIÓN.

17 Oct 2016

O concello de Tui convoca proceso de selección para a configuración dunha lista de reserva para a provisión interina dunha praza de ARQUITECTO da Escala de Administración Especial, grupo A-1.

Publicación: BOP de Pontevedra nº 198 de 17 de outubro de 2016.
Prazo de presentación de instancias: As instancias dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto na Lei de procedemento administrativo, no prazo de dez días naturais (10 días naturais) contados desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP de Pontevedra.  
As bases reguladoras do proceso así como o modelo de instancia, declaración responsable e de pago de taxas, poden consultarse no seguinte enlace 
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.