Concello de San Sadurniño – Praza de arquitecto/a

9 Ago 2022

No BOP-A Coruña de 8 de agosto publícanse as Bases para a selección da praza de persoal laboral fixo de arquitecto ou arquitecta, polo proceso especial de estabilización do emprego temporal de longa duración, incluída na oferta de emprego público 2022 do concello de San Sadurniño.

O obxecto desta convocatoria é a cobertura dunha praza de Arquitecta ou Arquitecto como persoal laboral fixo a media xornada, incluída na oferta de emprego público 2022 para a estabilización do emprego temporal de longa duración (segundo a Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, de 28 de decembro), do Concello de San Sadurniño, Grupo I, nivel CD 27, polo procedemento especial de estabilización do emprego temporal.

Datos en RPT:
– Denominación: Arquitecto ou Arquitecta
– Nivel de destino: 27
– Complemento específico: 50,1

Trátase dunha praza de carácter estrutural, que está vacante e dotada orzamentariamente, cuxa cobertura é necesaria, e que cumpre cos requisitos para a estabilización do emprego temporal de longa duración sinalados na Disposición adicional sexta da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. De igual maneira, o procedemento selectivo fica dentro do sinalado na propia Disposición adicional sexta.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán achegar a súa solicitude debidamente cuberta durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE no modelo oficial que figura ao final destas bases e que tamén se facilitará por este Concello no Rexistro Xeral ou na páxina web municipal.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.